Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Novas

  • 11-11-2017 20:00

    Susana Seivane nos Magostos do Gaiás

    Ler máis
  • 6 Outubro, Praza Maior, León - 22h

    Susana Seivane no Festival Celta Internacional Reinu de Llión

    Ler máis
  • 3 Setembro, Piazza dei Parlamenti, Polla, Italia - 20:30h

    Susana Seivane no Festival de Folclore de Polla

    Ler máis
  • 2 Setembro, Pazo de Mós, Pontevedra

    Susana Seivane no Festival Intercéltico O Son do Pazo

    Ler máis
  • 26 Agosto, Neda, A Coruña

    Susana Seivane no Festival Río Belelle

    Ler máis
  • 24 Agosto, Llodio, Álava, 23h

    Susana Seivane en San Roke Jaiak 2017

    Ler máis
  • 19 Agosto, Vilariño, Cangas, a partir das 22h

    Susana Seivane na Festa Folc de Vilariño

    Ler máis
  • 16 Agosto, Guingamp, Francia

    Susana Seivane en Saint Loup

    Ler máis
  • 22 Xullo, Castelo de Santa Cruz, A Guarda, Pontevedra, 23:30h

    Susana Seivane nas Noites no Castelo

    Ler máis
  • 15 Xullo, Cervo, Lugo

    Susana Seivane en San Cibrao

    Ler máis
  • 14 xullo, Monforte de Lemos

    Susana Seivane no Festival do Viño da Ribeira Sacra

    Ler máis
  • 8 Xullo, Festival L´Occitamo

    Concerto de Susana Seivane en Italia

    Ler máis
  • 1 Xullo, XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

    Concerto de Susana Seivane en Combarro, Poio

    Combarro acollerá unhas xornadas en torno ás embarcacións tradicionais e moitas máis actividades. Os concertos serán pola noite, no Peirao da Canteira, dende ás 23h, o sábado estará a gaiteira Susana Seivane.

    Ler máis
  • Alcobendas, 23 xuño, 00:15h

    Concerto de Susana Seivane en Alcobendas

    Este venres 23 de xuño, no recinto ferial do Parque de Andalucía, vaise celebrar a Noite de San Xoan e a Noite Celta, coa actuación de Susana Seivane despois do encendido das fogueiras.

    Ler máis
  • Bruselas, Bélxica, 3 xuño

    Concerto de Susana Seivane no Festival Compostela en Bruselas

    Ler máis
  • Praza de Fefiñáns, 25 de marzo, ás 21h

    Cambados, Cidade Europea do Viño 2017

    Ler máis
  • Actuación 15 xaneiro, 16:00h

    Susana Seivane no Festival La Zampogna, Maranola, Italia

    Ler máis
  • Actuación 17 decembro

    Susana Seivane no Festival das Minas, A Pontenova

    Ler máis
  • Actuación 10 decembro, 20:00h

    Alcemos a Voz contra a Sida - Palacio da Ópera, A Coruña

    Ler máis
  • Actuación 29 outubro, 22:30h

    Concerto de Susana Seivane no Magusto - Carbajo, Cáceres

    Ler máis
  • Actuación 16 outubro, 22:00h

    Concerto de Susana Seivane na Sala Capitol, Santiago - Focus Galician Tunes

    Ler máis
  • Actuación 16 outubro, 19:00h

    Concerto de Susana Seivane nas San Lucas, Mondoñedo

    Ler máis
  • 17 de setembro, 18:30h

    Inauguración Imandade Galega na Suíza

    Ler máis
  • Actuación 10 setembro, 13:50h

    Concerto de Susana Seivane no Festival de la Luz, Boimorto, A Coruña

    Ler máis
  • Actuación 13 agosto

    Concerto de Susana Seivane no Festival das Artes Escénicas de Riós, Ourense

    Ler máis
  • Actuación 7 agosto, 24:30h

    Concerto de Susana Seivane en Ribeira

    Ler máis
  • Actuación 6 agosto

    Concerto de Susana Seivane no Sauga Folk, Colindres, Cantabria

    Ler máis
  • Actuación 30 xullo

    Concerto de Susana Seivane en Outes

    Ler máis
  • Actuación 29 xullo

    Concerto de Susana Seivane no Festival Folk Celta Ponte da Barca, Portugal

    Ler máis
  • Espectáculo INTERXERACIONAL - Actuación 16 xullo

    Concerto de Susana Seivane no Festival do Mundo Celta de Ortigueira

    INTERXERACIONAL é un percorrido pola historia recente da música galega que aglutina varias xeracións en torno a gaita da man de Susana Seivane. Unha viaxe INTERXERACIONAL que comeza en 1939 cando o avó de Susana construíra a súa primeira gaita, dando paso a unha saga de artesáns e músicos “Os Seivane”: Álvaro e Xosé Manuel Seivane (pai e tío de Susana), Saínza e Irma Seivane (irmá e prima) e o multi-instrumentista prodixioso Brais Seivane (sobriño da gaiteira). Xunto con Brais estarán o talentoso Yago Bouzada, finalista do concurso Vai de Gaita Infantil da TVG, e tamén a zanfonista María López Carballo, Felipe Rey, finalista do Vai de Gaita, Miguel Sanromán e Xaquín Bieito, gañadores deste concurso, co tamborileiro Rubén Alcalde, todos eles estrelas nacentes da música galega. Tamén acompañarán á banda o virtuoso violinista Harry Price e os multipremiados acordeonistas Andrés Penabad e Pablo Bermúdez, grandes músicos que a pesar da súa mocidade teñen unha longa e exitosa carreira musical. Todos xuntos coa Escola de Gaitas de Ortigueira e os Gaiteiros de Buxantes farán un fin de festa en apoteose como exemplo da unión INTERXERACIONAL en prol da música tradicional.

    Ler máis
  • Actuación 15 xullo - 22:00h

    Concerto de Susana Seivane na Galaicoi, Cambre

    Ler máis
  • Actuación na Praza do Concello - 9 Xullo - 22:30h

    Concerto de Susana Seivane nos Pendellos de Agolada

    Susana Seivane no Corazón da Artesanía

    Ler máis
  • Burru Folk - Vilarino de los Aires

    Concerto de Susana Seivane en Salamanca

    Ler máis
  • Actuación de Susana Seivane no Luar, TVG

    ¡¡¡Adianto do novo disco FA!!!

    Esta noite poderedes ver un adianto do novo disco FA, que a gaiteira está a piques de publicar! Será no Luar, na TVG

    Ler máis
  • Presentación do NOVO DISCO, FA!

    Concerto de Susana Seivane en Allariz

    Ler máis
  • Presentación do NOVO DISCO, FA!

    Concerto de Susana Seivane nas Pontes

    Ler máis
  • Glasgow, Celtic Connections

    Susana Seivane na homenaxe a Gordon Duncan

    Tras unha década do pasamento de Gordon Duncan, a súa inspiradora influencia continúa no mundo celta. Susana Seivane, erixiuse este domingo como portadora do seu legado, actuando con moito éxito no Glasgow Royal Concert Hall na homexane do Celtic Connections a este gaiteiro tan inspirador para toda a comunidade celta. Tamén participaron Ross Ainslie, Ali Hutton, Jarlath Henderson, Angus McColl, Allan MacDonald, Stewart Liddell, Duncan Chisholm, Julie Fowlis e a National Youth Pipe Band of Scotland. Fotografía Ana García, La Voz de Galicia

    Ler máis
  • Palacio da Ópera, A Coruña

    Susana Seivane na Gala contra a Sida - Aprazado!

    Ler máis
  • Presentación do NOVO DISCO, FA!

    Concerto de Susana Seivane en Narón

    Ler máis
  • Presentación do novo album

    Concerto de Susana Seivane en Moaña

    Ler máis
  • Presentación do novo album

    Concerto de Susana Seivane en Ourense

    Ler máis
  • Presentación do novo album

    Concerto de Susana Seivane en Ferrol

    Ler máis
  • Próximos concertos: Allariz, Ferrol, O Barco, Moaña e Narón

    Empeza xa a xira por Galicia!

    Estas son as novas datas das actuacións de Susana Seivane no outono: 7 de novembro, Café Cultural Roi Xordo, Allariz - CANCELADO por farinxite 21 de novembro, Sala Super 8, Ferrol 5 de decembro, Sala Baranda, O Barco 12 de decembro, Var con V, Moaña 19 de decembro, Pazo da Cultura, Narón Entradas xa á venda! Esperámosvos!

    Ler máis
  • Arrancamos!

    Proxectos de Susana Seivane no outono

    Tras un breve descanso polo nacemento do segundo fillo da gaiteira, Antón, chegan os novos proxectos para este outono. Empeza a nova tempada do concurso Vai de Gaita do Luar na TVG. Aquí podedes ver a Susana Seivane na súa labor de xurado, todos os venres a partir das 22:00 da noite. Así mesmo, hai xa novas datas de presentación do seu novo single e próximo disco. Novas datas próximamente dispoñibles!

    Ler máis
  • Dispoñible en Itunes, Spotify, Amazon…

    "Esperando a Fiz" agora á venda!

    Sede os primeiros en escoitar este adianto do próximo disco da mestra gaiteira, dedicado ao seu fillo Fiz, que recolle as emocións do embarazo e da posterior chegada ao mundo do seu primoxénito Fiz. É un disco romántico, evocador e inspirador, onde a famosa gaiteira amosa a súa alma creativa nun álbum moi especial, feito para nenos e non tan nenos, país e fillos de todas as idades. Xá á venda dixitalmente! Dispoñible en Itunes, Spotify, Amazon, Google Play, Deezer… Déscargao xa!

    Ler máis
  • Xa á venda!

    DVD "Susana Seivane e amigos"

    Xa podedes adquirir aquí o novo DVD de Susana Seivane titulado "Susana Seivane e amigos", revive a maxia deste impresionante concerto, ofrecido na emblemática Praza de María Pita durante as festas da cidade da Coruña en agosto do 2012. A mestra gaiteira ademáis da súa banda habitual estivo acompañada de convidados da talla de Rodrigo Romaní (Milladoiro), Anxo Pintos (Berrogüetto), Antón Davila (Celtas Cortos), Xoel López, Harry Price, e unha sección de metais integrada por Pedro Lamas, José Rodríguez e Ricardo Formoso. Coa colaboración especial da saga familiar Os Seivane: Álvaro e Xosé Manuel Seivane, Saínza e Irma Seivane e Brais Seivane, de tan só 4 anos. 20 artistas no escenario, máis de 2 horas de duración, máxima calidade artística, apoteose musical galega!

    Ler máis
  • Continúa a presentación do disco

    Concerto de Susana Seivane en Avilés

    O luns 6 de abril, a mestra da gaita Susana Seivane actuará na "Plaza del Parche" (a praza do concello) de Avilés, Asturias. Será ás 20:15, no marco das Fiestas del Bollo, antes actuará un grupo local, a Ajo´s Band. Alí a gaiteira feiticeira levará o seu novo single "Esperando a Fiz" e o novo DVD "Susana Seivane e Amigos" que pronto teredes á venda aquí. Non perdades a ocasión de ver o seu directo, non o esqueceredes. Vémonos alí!

    Ler máis
  • Continúa a presentación do disco

    Concerto de Susana Seivane en Melide

    Ler máis
  • Continúa a presentación do disco!

    Concerto de Susana Seivane en Santiago

    Ler máis
  • Novo Single!

    Esperando a Fiz

    O novo disco de Susana Seivane está a piques de ver a luz, e para ir abrindo boca, a gaiteira lanzará esta semana o novo single "Esperando a Fiz", un pequeno avance nun formato de 3 temas tan evocadores como “Durmíndote”, “Momentos” e “O primeiro baile”. O seu próximo álbum "Fiz" publicarase a principios do vran. Será o quinto da gaiteira, e foi xestándose cando estaba embarazada do seu primeiro fillo (que da nome ao disco). Está inspirado nel e recolle os sentimentos dese feliz estado e da chegada ao mundo de Fiz. É romántico, inspirador e tenro, posiblemente o álbum máis privado e intimista da gaiteira, feito para nenos e non tan nenos, pais e fillos de todas as idades. É evocador e hipnotizador, non poderedes deixar de escoitalo. Estas son as datas da presentación do single e próximo disco: Lugo, Sala Clavicémbalo, 28 de febreiro, ás 24:00h Santiago, Sala Capitol, 7 de marzo, ás 21:30h Melide, Pub Gatos, 28 de marzo, ás 23:00h

    Ler máis
  • Lalín, 8 de febreiro de 2015

    Susana Seivane, Comendadora do Cocido de Lalín

    A Feira do Cocido de Lalín é unha feira gastronómica que celebra este ano a súa 47 edición, declarada festa de Interés Turístico de Galicia e de Interés Turístico Nacional. A gaiteira Susana Seivane é una das personalidades que este ano se sumará á Encomenda do Cocido, e vestirá a capa da orde gastronómica no acto do concello, o domingo 8 de febreiro. O alcalde de Lalín destacou “a importante relevancia como persoa que ademáis defende e traballa na pervivencia da nosa cultura e tradicións”. Fotografía Guzmán García

    Ler máis
  • Novas datas xa dispoñibles!

    Aprazamento dos concertos nas salas

    Motivos médicos obrigan a aprazar a data da maioría dos concertos previstos nas salas galegas, debido aos incómodos síntomas dos primeiros meses do embarazo de Susana Seivane, que nestes momentos lle impiden realizar un concerto completo. Só a data do concerto na Sala Clavicémbalo manténse sen cambios, o 28 de febreiro. Estas son as novas datas: 7 de marzo - Sala Capitol, Santiago 28 de marzo - Pub Gatos, Melide As entradas adquiridas ata o momento serán válidas para a nova data. E tamén poderán devolverse e recuperar o coste da entrada. A gaiteira volverá nuns meses con aínda máis forza para ofrecer grandes concertos, a espera terá a súa recompensa! Esperamosvos nas novas datas, estamos desexando vervos!

    Ler máis
  • Concertos en Santiago, Allariz, Lugo e Melide

    Adianto do próximo disco de Susana Seivane!

    A recoñecida gaiteira Susana Seivane está a piques de estrenar novo disco! Estas son as primeiras datas do ano 2015. Onde por primeira vez tocará temas do seu próximo disco, especialmente adicado aos nenos, xunto cos éxitos da súa discografía. Tedes que ver este adianto tan especial, non podedes perder esta oportunidade. 10 de xaneiro 2015, Sala Capitol, Santiago 17 de xaneiro 2015, Pub Gatos, Melide 14 de febreiro 2015, Café Bar Cultural Roi Xordo, Allariz 28 de febreiro 2015, Club Clavicémbalo, Lugo Xa están á venda as primeiras entradas. Iremos publicando os enlaces para a compra das demáis entradas, acompañádenos, estamosvos esperando!

    Ler máis
  • 27 de novembro, O Couto, Ponteceso, A Coruña

    Premio “Bos e Xenerosos” para Susana Seivane

    Onte a tarde no Couto en Ponteceso, a Fundación Eduardo Pondal entregou un dos premios “Bos e Xenerosos” a Susana Seivane, polo seu labor de promoción e difusión da música, a tradición e a cultura de Galicia, e pola gran sensibilidade que ten amosado sempre coa recuperación, a conservación e a transmisión do feito cultural galego máis aló das nosas fronteiras. Dende aquí moitas grazas por este galardón.

    Ler máis
  • 20 de outubro no Obradoiro de Gaitas Seivane

    Susana Seivane no FOCUS GALICIA

    FOCUS GALICIA, é un encontro que se celebrará en Galicia, entre o 19 e 21 de outubro, nos días previos ao WOMEX 2014 – The World Music Expo. WOMEX é o mercado profesional de músicas do mundo máis importante a nivel internacional. FOCUS GALICIA reúne a unha selección dos 30 programadores, managers e axentes máis relevantes do WOMEX para coñecer a realidade musical de Galicia, a través de visitas, foros, showcases, etc. Por este motivo, este grupo desplazarase este luns día 20 ás 11:00 ao Obradoiro de Gaitas Seivane, onde está previsto un showcase da gaiteira máis internacional Susana Seivane.

    Ler máis
  • 9 e 12 de Outubro

    Actuación de Susana Seivane en Brasil e en Lugo

    Co motivo da Festa Nacional, Susana Seivane actuará este xoves día 9, convidada pola Embaixada de España en Brasilia, na mesma embaixada, para dar a coñecer a cultura galega no Brasil. Galicia non podía ter unha embaixadora mellor! E de seguido voa de novo para Galicia, para ofrecer un concerto, o “domingo das mozas”, no San Froilán, en Lugo, a terra das súas raíces. A gaiteira pon así un broche de ouro ás festas do San Froilán e a súa xira, que non podía acabar mellor! Seguídea en ruta! Foto Guzmán García

    Ler máis
  • Sábado, 4 de outubro 2014

    Concerto de Susana Seivane en Córdoba

    Do 3 ao 5 de outubro, na Avenida Liberdade (Vial Norte) de Córdoba, celébrase “Galicia Pórtico Universal – Córdoba”. Unha mostra galega con exposición de artesanía, área de información de Turgalicia e Xacobeo, aula de catas, un recital poético, e a actuación do Grupo Folclórico Airiños da Terra e Susana Seivane. A gaiteira actuará o sábado, 4 de outubro, ás 21:00, no escenario da mostra. Este evento está organizado pola Xunta de Galicia e a Casa de Galicia en Córdoba. Non o podedes perder!

    Ler máis
  • Primeira cidadá sen fronteiras de Santiago

    Susana Seivane e Santiago sen Fronteiras

    Médicos sen Fronteiras desenvolverá en Santiago entre o 23 de setembro e o 5 de outubro unha nova campaña de concienciación para a acción humanitaria, que pretende animar á cidadanía a participar nos seus proxectos de axuda ás persoas que máis o necesitan. As actividades programadas desta campaña como exposicións, charlas, música etc. teñen como obxectivo achegar aos cidadáns o traballo que Médicos sen Fronteiras está a desenvolver en todo o mundo. Susana Seivane será a encargada de inaugurar oficialmente esta campaña de concienciación social co acto simbólico de levantar unha barreira, o 23 de setembro, na praza do Toural, ás 12 da mañá. Máis información en http://www.msf.es/ciudades/santiago Fotógrafo Guzmán García

    Ler máis
  • Comeza o Vai de Gaita!

    Susana Seivane no Luar

    Tras o éxito da tempada pasada, este venres 19 de setembro comeza o concurso Vai de Gaita do programa Luar, da TVG. Cunha importante novidade, esta vez tócalle o turno aos máis pequenos da casa, que demostrarán as súas habilidades coa gaita frente as cámaras. E a nosa querida gaiteira será de novo un dos membros do xurado. Non o perdades! Vémonos todos os venres pola noite no Luar! Foto Jabicho Lemos

    Ler máis
  • Concerto en Bos Aires, 14 de setembro

    Susana Seivane en Arxentina

    O verán non podía acabar mellor para a gaiteira. En setembro, Susana Seivane cruza o charco para celebrar Galicia en Bos Aires. Na capital arxentina ofrecerá un concerto o domingo 14 de setembro. Chegou o día no que os seus queridos siareiros da diáspora poderán disfrutar do seu directo. Será na Avda. de Mayo (entre Bolívar & Chacabuco). Esta xornada festiva terá un montón de actividades e contará coa participación de máis de 40 entidades galegas da Arxentina e tamén unha representación da colectividade galega de Chile e Uruguay. Esta gran festa da cultura galega está organizada polo goberno da Cidade de Bos Aires, a Xunta de Galicia, e a Comunidade Galega na Arxentina. Vémonos alí! Fotógrafo Guzmán García www.guzmanfotografia.com

    Ler máis
  • Datas Agosto: A Revista da TVG, Vieira de Honor, Pregoeira de Cambre e Irmandiño de Moeche

    Continúa a xira galega da gaiteira Susana Seivane!

    O sábado 2 de agosto, Susana estará no plató do programa A Revista, da Televisión de Galicia, falando dos seus próximos proxectos, poderedes vela en directo antes da 13:00. Ademáis, a meiga da gaita terá a honra de recibir en Santiago, o día 6 de agosto, no Hotel Monumento San Francisco, a Vieira de Honor á Calidade Artística. A Enxebre Orde da Vieira outorga esta distinción cada ano a un profesional ou grupo galego, que destaque especialmente na música, arte ou espectáculo. O 14 de agosto, ás 24:00, Susana Seivane será a progoeira oficial das festas de Santa María de Cambre, o concello onde reside, por ser un símbolo da cultura galega e levar o nome do municipio por todo o mundo. E o día 23 de agosto, Susana Seivane actuará na XXXV Edición do Festival Irmandiño de Moeche. O seu concerto, será despois do asalto ao castelo. É para a gaiteira un inmenso pracer volver a este histórico festival. Sígue a Susana Seivane en ruta!

    Ler máis
  • Concertos en xullo: Vimianzo, Santiago, Baiona e Moaña

    Arranca a xira de Susana Seivane!

    A gaiteira feiticeira está inmersa na preparación da xira deste verán, que arranca o 5 de xullo co concerto no Asalto ao Castelo, en Vimianzo. Onde tamén están programados outros talentosos artistas, entre eles Kepa Junkera, co que Susana colaborou no seu último disco. Tampouco podedes perder a representación da revolta irmandiña, todo un espectáculo! O 20 de xullo, a gaiteira estará na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, celebrando o Día do Traxe Galego, dentro do programa das festas do Apóstolo Santiago. É todo un privilexio celebrar as festas do patrón dos galegos dende o escenario da capital compostelana. O día 25 Susana Seivane estará en Baiona. E o día 26, no Festival Intercéltico do Morrazo, en Moaña, unha cita ineludible coa música folk. Vémonos no escenario! Fotógrafo Jabicho Lemos

    Ler máis
  • "Terra de Loitadores"!

    Feliz día das Letras Galegas!

    Fotógrafo Luk Stiens A gaiteira Susana Seivane celebrará o día das Letras Galegas cos nenos do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, en Láncara, Lugo, será o día 14 de maio pola mañá. Susana está desexando charlar cos pequenos e compartir experiencias con eles! Como xa moitos de vós sabedes, Susana Seivane presentou no Luar deste venres o novo e impresionante tema, “Terra de Loitadores”! Moi pronto poderedes adquirilo, estade atentos!

    Ler máis
  • E na Gala contra o Cancro Infantil

    Susana Seivane na Gala dos Premios Mestre Mateo

    O sábado 12 de abril, Susana Seivane estará ás 19:30 inaugurando a gala solidaria contra o cancro infantil, no Pazo da Cultura de Narón. Todo o recaudado estará destinado á investigación desta enfermidade. Esta gala está organizada pola Asociación Alba Pérez, para comprar as entradas, contactar directamente coa asociación ou co Pazo da Cultura de Narón. Haberá una fila 0 para os que non podan asistir e queiran aportar a súa axuda. E pola noite, a gaiteira Susana Seivane terá a honra de entregar un dos premios na Gala Mestre Mateo, será no auditorio do Palexco na Coruña. Estes premios da Academia Galega do Audiovisual recoñecen os mellores traballos do audiovisual galego.

    Ler máis
  • Arzúa, 5 de abril

    Susana Seivane na Festa da Gaita

    A Asociación da Gaita rende unha homenaxe este sábado 5 de abril á familia Seivane, será na Festa da Gaita e Cantos de Taberna de Arzúa. Asistirá a familia Seivane ao completo coa presenza da gaiteira máis famosa da saga, Susana Seivane. Haberá actividades durante todo o día, pasarrúas, un xantar, y máis de 300 músicos que participarán nesta festiva convocatoria. Alí vos esperamos!

    Ler máis
  • Cidade da Cultura, Santiago, ás 12:00

    Susana Seivane celebra o Día Internacional da Muller

    Hoxe Susana Seivane porá a música no acto institucional que se celebrará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, ás 12:00, adicado ás mulleres co motivo do Día Internacional da Muller. A Xunta de Galicia organiza este acto ao que asistirán oito destacadas mulleres galegas de diferentes ámbitos en prol da igualdade de xénero. A gaiteira Susana Seivane pechará o acto coa súa maxistral actuación. Fotografía Sebastián Hanoulle

    Ler máis
  • E na Gala da Cadena Ser en Santiago

    Susana Seivane na I Gala Benéfica contra o Cancro en Ourense

    Hoxe xoves, ás 20:00, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, celébrase a “Gala 80 aniversario de Radio Galicia Cadena Ser Premios Serenidade” onde a gaiteira Susana Seivane subirá ao escenario a tocar unhas pezas. E este sábado día 21, ás 20:30, empeza a I Gala Benéfica contra o Cancro no Auditorio Municipal de Ourense, onde actuará a gaiteira xunto con outros artistas invitados. Esta iniciativa organizada pola Asociación Cultural As Canellas e a produtora Claqueta Coqueta, doará a recadación das entradas á "Asociación Española contra el Cáncer". O prezo da entrada son 5 euros na venta anticipada na sede da Asociación do Cancro e 8 euros na taquilla, ademáis da fila cero, para os que queiran colaborar sen asistir á gala. Susana Seivane celebra o Nadal apoiando unha boa causa.

    Ler máis
  • Susana Seivane na Televisión de Galicia

    Esta fin de semana, como cada venres, Susana Seivane participa como membro do xurado do concurso Vai de Gaita do Programa Luar da TVG. E, ademáis, a nosa querida gaiteira estará o sábado na TVG nunha sorpresa televisiva moi especial no programa Desexos Cumpridos... Non vos despeguedes do televisor para desvelala porque non podemos avanzarvos nada! Ollade e escoitade á fermosa musa da gaita galega!

    Ler máis
  • Susana Seivane na homenaxe ao gaiteiro Santiago Caneiro

    Será este domingo día 20, ás 19 da tarde, no Pazo da Cultura de Narón. Esta homenaxe está organizada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, da que é presidente. A entrada é de balde previa recollida de invitacións. Os 35 anos traballando pola nosa música e a nosa cultura ben o merecen! Vémonos alí!

    Ler máis
  • Susana Seivane na Televisión e Radio Galega en outono!

    Olla e escoita a Susana Seivane!

    Todos os venres á noite no programa Luar da Televisión de Galicia, Susana Seivane formará parte do xurado do concurso "Vai de Gaita", que comeza hoxe, a gaiteira afronta esta responsabilidade con moita ilusión. Así mesmo, todos os luns pola mañá, participa como colaboradora nunha amena sección de deportes no programa "Galicia por Diante" da Radio Galega. Ollade e escoitade a gaiteira feiticeira, toda unha delicia!

    Ler máis
  • Último concerto do verán da gaiteira!

    Susana Seivane en Cabral, Vigo

    A tempada estival de concertos da musa da gaita galega acaba como non podía ser mellor, en Galicia e compartindo escenario cos seus amigos de Noitarega e Musical Moxenas. A noite do 13 de setembro será unha noite máxica para o folk galego, na Festa das Dolores de Cabral, en Vigo. Un deleite para os amantes da música tradicional galega. E o outono comeza cargado de novos e apaixoantes proxectos para a gaiteira que vos iremos contando pouco a pouco.

    Ler máis
  • Actuación e entrevista na Televisión de Galicia

    Susana Seivane no Bamboleo, TVG

    O sábado 31 de agosto a fermosa gaiteira estivo no plató do programa Bamboleo da Televisión de Galicia, puxo as "pernas pra riba" do público e protagonizou momentos moi divertidos. A actuación de Susana aparece no minuto 48.

    Ler máis
  • Concertos no mes de agosto: Portugal, Francia, Bélxica e Galicia!

    Susana Seivane non para!

    O sábado 3 de agosto a nosa gaiteira feiticeira viaxa a Portugal, ao Festival Intercéltico de Sendim, no corazón das terras de Miranda, a súa actuación está prevista para as 23:30. Ao día seguinte voltará a Galicia, cara o Festival de Pardiñas, en Guitiriz, que celebra a súa XXXIV edición e onde actuará ás 22:00. O día 15 a gaiteira viaxa a Francia para actuar no Festival Filet Bleus de Concarneau, será o día 16 de agosto, ás 21:00. E o día 17 viaxa a Bélxica, cara o Deerlycke Folk Festival, que xa vai pola súa XVI edición, actuará a partir das 18:00. Seguídea en ruta! Non vola podedes perder!

    Ler máis
  • Concertos de Susana Seivane en xullo en Francia e Suíza

    Arrancando os motores da xira!

    O próximo xoves, día 20 de xuño, Susana Seivane estará na Casa da Cultura de Meira, en Lugo. Invitada polo CEIP de Meira, e celebrará cos nenos a fin de curso e o comezo do verán, que ven cargado de fantásticos concertos da gaiteira. No mes de xullo estará de novo en Francia, no gran Festival Het Lindeboom de Calais, será o día 18. E o día 27, Susana viaxará a Suíza, onde tocará no Festival Internacional Folk de Locarno. Todo preparado para a festa! Vémonos en ruta!

    Ler máis
  • Susana celebra o Día das Letras Galegas e as culturas do mundo

    Susana Seivane, unha embaixadora da cultura galega

    O 16 de maio, Susana estará cos nenos do Colexio Ramón de la Sagra, da Coruña, celebrando o Día das Letras Galegas, falando con eles e introducíndoos no fermoso mundo da música tradicional galega e en concreto da nosa gaita. O 25 de maio, en Italia, Bérgamo, continuará este labor divulgativo da música galega, onde ofrecerá un gran concerto no Festival Lo Spirito del Pianeta, un festival internacional que durará ata o 9 de xuño e que está dedicado aos grupos tribales e indíxenas da terra, un bó acercamento ás culturas do mundo.

    Ler máis
  • Susana Seivane estará pronto en ruta!

    Un ano cheo de novidades!

    Susana Seivane está metida de cheo na gravación do seu próximo e novidoso disco de nanas. Así mesmo, está preparando a xira que a levará por Francia, Italia, Portugal, Suíza, e por suposto, Galicia e España. Próximamente irán aparecendo aquí as etapas da xira onde podedes seguir os seus pasos!

    Ler máis
  • Na XXIV Xuntanza de Gaiteiros. Na homenaxe a Fito Domínguez. Na TVG

    Susana Seivane cos Airiños de Fene, A Roda e o Luar

    En outubro Susana Seivane estará na XXIV Xuntanza de Gaiteiros, organizada por Airiños de Fene, que estará centrada na celebración do XXV aniversario da banda e que este ano renderá homenaxe a Miguel Doval e Chus Niebla. Serán moitos os amigos que os acompañen o sábado 6, ás 19:30 na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre en Fene. O sábado seguinte día 13, Susana asistirá a homenaxe a Fito Domínguez, cantante e fundador da Roda, que faleceu o pasado mes de setembro, será no auditorio Mar de Vigo. Numerosos compañeiros de profesión, entre os que se encontrá Susana Seivane, rendirán esta sentida homenaxe ao ilustre músico. Tamén ese fin de semana poderedes vela moi ben acompañada no programa Luar da televisión de Galicia.

    Ler máis
  • Gala “Coruña sen Fronteiras” no Teatro Colón

    Susana Seivane solidaria

    O vindeiro 28 de setembro, sábado, ás 21:00 no Teatro Colón da Coruña terá lugar unha das principais actividades da campaña “Coruña sen fronteiras”, desenvolvida pola ONG Médicos sen Fronteiras. En esta cita solidaria participarán numerosos convidados: escritores, actores, humoristas e músicos, entre eles, a gaiteira Susana Seivane. O obxectivo é dar a coñecer o labor solidario e recadar fondos para continuar con el. Vémonos alí!

    Ler máis
  • Susana Seivane en Ribadeo, Zamora, A Coruña, Baiona e Gondomar!

    O mes de agosto cheo de concertos!

    As próximas citas coa gaiteira feiticeira neste mes de agosto arrancan en Ribadeo, onde Susana terá a honra de asistir á celebración do 50 aniversario da Asociación de Amigos da Gaita Galega. Será o 4 de agosto a partir das 20:00 no día da Gaita e Romería a Santa Cruz. A gaiteira dará o pregón da festa e pola noite a súa maxia estará máis presente que nunca… Dous días máis tarde, o 6 de agosto, ás 22:30 estará en Lubián, Zamora. A seguinte cita é María Pita, onde co seu gran espectáculo “Susana Seivane máis amigos” atrapará o corazón da cidade herculina o mércores 8 de agosto, a partir das 22:00 da noite. Ao día seguinte, o día 9 ás 23:00, estará na fermosa localidade de Baiona e o día 11 en Gondomar dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic, será na Praza da Alameda, co seu novo espectáculo “Esencias”, a partir das 23:30. Acompañádea e quedaredes presos do seu encanto!

    Ler máis
  • Concertos en Bélxica, Francia e Galicia!

    Comeza a xira estival de Susana Seivane!

    A xira estival da querida gaiteira arranca en Bélxica o día 8 de xullo, será no magnífico Gooikoorts Festival. Como ven sendo habitual, días despois estará en Francia onde sempre recibe unha calurosa acollida. Tocará no prestixioso Festival de Château d´Ars o día 13 de xullo, dentro da 35 edición dos Encontros Internacionais de Luthiers e Mestres Sonoros, que se celebra en Saint Chartier. E dous días despois actuará no fantástico Festival Kann Al Loar de Landerneau, será o día 15 de xullo. No mes de xullo os concertos de Susana continúan por Galicia, así o día 24 estará un ano máis na Festa da Fraga das Pontes. Susana Seivane está en ruta, goza da súa música!

    Ler máis
  • Teatro Rosalía, A Coruña

    Susana Seivane en ruta!

    Este venres 20 de abril, Susana Seivane ten a honra de ser unha das artistas invitadas de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero! Un trío calificado como o máis retranqueiro da música galega. Haberá moitos máis amigos! Será no Teatro Rosalía da Coruña ás 20:30. Así mesmo, tamén neste teatro coruñés, o día 16 de maio, Susana Seivane e Rodrigo Romaní actuarán xuntos na gala dos XI Premios Opinión, que comezará ás 20:30 e serán quenes abrirán este acto cheo de sorpresas. Sigue a Susana en ruta!

    Ler máis
  • O Burgo, A Coruña, 19/02/2012

    Vive o Entroido con Susana Seivane!

    Susana Seivane estará no Burgo, o domingo 19 de febreiro. O concerto será no fermoso Paseo Marítimo desta vila, ás 21:00h da noite. A súa actuación enmárcase dentro do programa de actividades para esa fin de semana de carnaval, organizadas ó redor da I Festa do Cocido do Burgo. Neste pracenteiro entorno, poderedes desfrutar desta festa gastronómica, do desfile de disfraces e pasarrúas, das orquestas, dos concursos e por suposto da nosa gaiteira feiticeira. Que o disfrutedes!

    Ler máis
  • Santiago de Compostela, 08/02/2012, ás 18h

    Susana Seivane na homenaxe a D. Isaac Díaz Pardo organizada pola Xunta

    A Xunta de Galicia homenaxea a figura de D. Isaac Díaz Pardo cun acto oficial na Biblioteca da Cidade da Cultura, o día 8 de febreiro, ás 18h. A gaiteira Susana Seivane tras asistir o pasado mes de xaneiro ós actos oficiais da súa despedida en Santiago e á emotiva homenaxe promovida polo Concello de Sada, rendirá de novo tributo a súa figura. Susana Seivane asistirá a este acto organizado pola Xunta neste emblemático edificio, onde lle adicará unas pezas á memoria do benquerido intelectual galego.

    Ler máis
  • TVG, 26/01/2012

    Susana Seivane en Tourilandia

    Susana Seivane chegará este xoves á República televisiva de Tourilandia. Poderedes ver a súa estancia nesta terra do humor esa noite, a partir das 22h. A gaiteira Susana Seivane sorprenderavos neste novo programa, estreado hai dúas semanas na Televisión de Galicia. Que vos divirtades!

    Ler máis
  • Casa da Cultura de Sada, 20 xaneiro, 20h

    Susana Seivane rende tributo a D. Isaac Díaz Pardo

    Susana Seivane asistirá ao homenaxe que preparou o Concello de Sada ao intelectual e galeguista D. Isaac Díaz Pardo, falecido o pasado día 5 de xaneiro. A gaiteira, tras ter o privilexio de acompañalo coa gaita nos actos oficiais da súa despedida en Santiago, coa súa presencia en Sada, amosa unha vez máis o cariño da familia Seivane á figura deste irrepetible artista galego. O acto será o próximo venres, día 20, no auditorio da Casa da Cultura de Sada.

    Ler máis
  • I Edición dos Premios da revista Galiciademoda

    Susana Seivane premiada por promocionar a moda galega

    Hoxe a revista Galiciademoda celebra unha entrega de premios e Susana Seivane será galardoada por promocionar a moda galega a través da música. A gala será a partir das 21:00, na Coruña, no Style Outlets de Culleredo, onde a gaiteira recibirá con agradecemento este galardón.

    Ler máis
  • 25 aniversario da Fundación Hogar Sor Eusebia

    Susana Seivane acaba o ano apoiando as boas causas

    Susana Seivane estará o próximo sábado día 26 de novembro a carón dos máis necesitados, será celebrando o 25 aniversario da Fundación Hogar Sor Eusebia da Coruña, que actualmente acolle a 55 persoas sin teito. Esta iniciativa é apoiada, entre outros persoeiros, pola nosa gaiteira que asistirá ós actos preparados pola asociación benéfica para este día, e que empezarán a partir das 19:00 da tarde. Desta maneira, a artista quere dar a benvida o Nadal.

    Ler máis
  • Concertos de Outono

    Susana Seivane en Narón

    A maga da gaita Susana Seivane estará o xoves 10 de novembro en Narón, ofrecendo un concerto inolvidable, a cita é ás 20:30h, no Pazo da Cultura. O feitizo da gaiteira cativará os asistentes nun concerto cercano e emocionante, que non vos podedes perder, vémonos alí!

    Ler máis
  • Concertos de Outono

    Susana Seivane nas Pontes

    Tras un verán cheo de éxitos, Susana Seivane da a benvida ao outono cun concerto o venres, 15 de outubro, no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez. Será no auditorio municipal pontés Alovi, ás 21:00h, a un precio de 3 euros a entrada. Non podedes faltar! Tamén este outono os sons da gaita de Susana Seivane chegarán ó auditorio de Narón o día 10 de novembro. ¡Desfrutade dunha maneira única de tocar a gaita e de entender a música galega!

    Ler máis
  • Susana Seivane en Sanxenxo!

    Sigue a xira estival de Susana Seivane!

    Os ollos azuis máis cegadores da gaita chegarán este xoves a Sanxenxo. Susana Seivane sigue a súa xira estival por Galicia. Esta seductora da música tradicional estará nas festas desta bonita vila pontevedresa o xoves, 25 de agosto, na Praza do Mar, ás 23:30. A actuación de Susana Seivane, unha das estrelas máis brillantes do firmamento musical galego, será o prato forte dos festexos desta localidade. Que disfrutedes do espectáculo!

    Ler máis
  • Concerto 20/08/2011

    Susana Seivane na Noite Folk de Negreira

    Tras o éxito da súa xira en Francia, a gaita internacional de Susana Seivane soará na IX Noite Folk de Negreira. Os amantes da música tradicional, poderán disfrutar das melodías do seu último traballo Os soños que volven e dos sons que a foron acompañando ó longo da súa vida. Será o sábado 20, na fermosa contorna natural do Refuxio de Pescadores de Covas, ás 23:30. A aclamada gaiteira será a gran atracción deste novo festival de música tradional. Preparádevos para a festa!

    Ler máis
  • Concertos en Brest e Paimpol

    Susana Seivane de novo en Francia!

    A musa da gaita estará en Francia esta semana. Como nos anos anteriores, a cita co país veciño non pode faltar na xira estival da gaiteira. Alí estará este xoves, 11 de agosto, en Brest, participando en Les Jeudis, un mes cheo de actividades e concertos ó aire libre nesta bonita vila do Finisterre francés, o concerto será no Port de Commerce, ás 21:00. E ó día seguinte será Paimpol quen disfrute da maxia da gaiteira, o venres 12 de agosto, ás 24:30, no Festival du Chant Marin et des Musiques des Mers du Monde. Unha oportunidade única de disfrutar da súa música no país francés que tanto a quere e espera!

    Ler máis
  • Susana Seivane en Ribeira e A Cañiza!

    Continúa a xira de Susana Seivane en Agosto!

    O mes de agosto ven repleto de concertos da fermosa gaiteira. O primeiro lugar onde poderedes disfrutar do seu epectáculo será en Ribeira, o venres 5, ás 24:00h na Praza de España. E ese mesmo fin de semana a gaiteira e a súa banda estarán na vila pontevedresa de A Cañiza, o domingo 7, na Praza Maior, ás 22:30h. Que disfrutedes das festas de Galicia co seu apaixoante espectáculo!

    Ler máis
  • Concerto en Carballo, 22 xullo

    Sigue a xira de Susana Seivane!

    Tras o seu paso polas festas do Carme de Barakaldo, a musa da gaita volve a súa terra. Desta vez será Carballo quen vibre co fresco, dinámico e orixinal espectáculo de Susana Seivane e os seus talentosos músicos, que manteñen o divertimento do público dende a primeira nota ata o último bis. Será o venres 22 de xullo, ás 22:30, na praza do concello. Non o podedes perder!

    Ler máis
  • Concerto 12/07/2011

    Susana Seivane en Barakaldo

    O Karmenak 2011 acolle mañá martes 12 de xullo á gaiteira Susana Seivane, será ás 21:30h no Parque de los Hermanos. Este concerto forma parte do extenso programa de festas de Barakaldo e enmárcase dentro da XXIII edición do Festival de Música Popular “Munduko Hiriak”. Sigue a Susana Seivane e a súa banda en ruta e desfruta da súa música!

    Ler máis
  • Concerto, 3 de xullo de 2011

    Arranca a xira de verán de Susana Seivane en Vigo

    Tras o éxito do paso de Susana Seivane polo Briganfolk de Betanzos, a Festa da Cultura de Vigo acollerá á feiticeira gaiteira e o seu máxico espectáculo este fin de semana. O concerto de Susana Seivane, o domingo 3, ás 22:00h, na Porta do Sol, é o broche de ouro das moitas actividades que están organizadas no centro histórico desta cidade durante estas xornadas, tais como actuacións de grupos de gaitas, baile galego, corais, charangas, bandas de música, etc. e onde haberá unha veintena de casetas adicadas á gastronomía, ó traxe rexional, ós xogos tradicionais, etc. Serán dous días de festa cultural onde será imposible aburrirse. Esta é a primeira cita da xira de verán de Susana Seivane, que a levará por todo o territorio galego. Carballo, Ribeira, A Cañiza, Negreira e As Pontes son algunhas das cidades que vibrarán co seu espectáculo. A segunda cita desta xira a levará a Barakaldo, dez días despois de Vigo, e regresará de novo a Galicia para continuar coa xira ata que, como en anos anteriores, volva a Francia, onde estará en dous dos festivais máis importantes, o Festival Jeudis du Port en Brest e o Festival du Chant Marin en Paimpol. Susana Seivane non para, síguea en ruta!

    Ler máis
  • Susana Seivane no Luar, TVG

    Hoxe conectade o Luar, da TVG, para ver a Susana Seivane tocando con varios dos seus músicos, será un pequeno bó anticipo da súa apaixoante xira, para ir abrindo boca. Poderedes vela dende calquera parte do mundo, non vola podedes perder!

    Ler máis
  • Briganfolk 2011

    Susana Seivane en Betanzos

    O mes de xuño non pode empezar mellor, Susana Seivane estará en concerto no festival céltico internacional Briganfolk. Será en Betanzos o próximo domingo 12 de xuño. Achegádevos a esta bonita localidade e disfrutade unha vez máis do gran espectáculo de Susana Seivane e a súa banda. Vémonos alí!

    Ler máis
  • Miranda e Aranda del Duero

    Susana Seivane en Burgos

    Burgos agarda entusiasmado o primeiro concerto da tempada da gaiteira en Miranda del Ebro, o venres 6 de maio, no Cultural Caja Burgos ás 20:30. Ao día seguinte será Aranda del Duero, a que vibrará dende os primeiros acordes ata a última nota coa música da nosa artista, será no Cultural Caja Burgos, tamén á mesma hora. O prezo da entrada son 10 euros, consultar as bonificacións). Síguea en ruta!

    Ler máis
  • Vigo, 9 de abril

    Susana Seivane e Noitarega

    Este sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, Susana Seivane actuará como convidada especial do grupo de música tradicional Noitarega. Sen dúbida, unha cita ineludible para os amantes da música tradicional galega. As entradas, a un prezo único de 5 euros, xa están dispoñibles de xeito anticipado na páxina web: http://www.laboleteria.es ¡Esperámosvos!

    Ler máis
  • Concerto o 13 de marzo, ás 20h

    Susana Seivane na festa do Queixo de Arzúa

    Tras o éxito da súa aventura africana, Susana Seivane acudirá a unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia, a Festa do Queixo de Arzúa, que celebra a súa 36ª edición o fin de semana do 11 ao 13 de marzo. Susana Seivane actuará o domingo 13 de marzo no Campo da Feira, ás 19:30, poñendo o seu inconfundible selo e a súa feiticeira maestría na clausura deste festival. Contamos con vos!

    Ler máis
  • Arranca a tempada de concertos 2011!

    Susana Seivane xira por Marrocos

    O día 15 de febreiro comeza a xira de Susana Seivane polas cidades máis importantes de Marrocos. Marrakech, Rabat, Casablanca, Tetuán e Fez rendiránse o feitizo da gaita de Susana Seivane. Por uns días o encanto da gaiteira fundiráse co exotismo da cultura marroquí para ofrecer un espectáculo inesquecible... Unha oportunidade única de disfrutar da nosa gaiteira no continente africano!

    Ler máis
  • Susana Seivane a carón das iniciativas por un mundo mellor

    Susana Seivane celebra o Nadal apoiando as boas causas

    Este venres 3 de novembro, ás 12:00, Susana Seivane actuará no acto inaugural do Foro Mundial de Educación para a Paz, que se desenvolverá no paraninfo da USC. O Foro 2010 é un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz, celébrase en Santiago de Compostela do 3 ao 30 de decembro. O venres 10 de decembro, ás 20:00, Susana Seivane estará na IV Gala Solidaria de “Tierra de Hombres”, no auditorio da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña. Esta fundación promove o desenrolo da infancia, defendendo os seus dereitos, sen discriminación algunha de orden político, racial, confesional ou de xénero. E o xoves, 16 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 Susana Seivane actuará no concerto benéfico que organiza a Institución Padre Rubinos a favor de persoas sen recursos. Igual que Susana, apoiemos estas iniciativas!

    Ler máis
  • Concerto cos Limones no Playa Club da Coruña, 19 novembro, ás 24:00.

    Susana Seivane solidaria e con amigos

    Susana Seivane plantará hoxe xoves 18 de novembro, a primeira árbore polo párkinson na provincia de Pontevedra. A Federación Española de Párkinson e a Asociación Párkinson de Galicia-Bueu, en colaboración co Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, inaugurarán a acción de plantemos unha árbore polo párkinson. Unha iniciativa que busca potenciar a integración social de quenes conviven coa enfermidade. O programa repetirase en trinta e tres puntos de España co obxectivo de dar máis visibilidade a esta enfermidade. E mañá venres, 19 de novembro, Susana Seivane actuará cos seus amigos Los Limones no Playa Club da Coruña, ás 24.00h, será unha gran festa que non podes perder!

    Ler máis
  • Susana Seivane en concerto en Teatros e Salas de España

    Xira de Outono

    O vindeiro venres 22 de outubro no Teatro Arbolé de Zaragoza, arranca a xira outonal de Susana Seivane, que a levará o xoves 4 de novembro pola Sala Clamores de Madrid e o sábado 6 de novembro pola Sala La Vaca en Ponferrada. Segue a Susana Seivane en concerto e desfruta da súa gaita e voz en directo!

    Ler máis
  • Gala Presentación do Proxecto "Quero Ser"

    Susana Seivane solidaria

    A Asociación ASPANAS, de pais a favor de persoas con discapacidade intelectual, presentará o vindeiro 14 de outubro, o Proxecto “Quero Ser”, unha colección de complementos elaborados artesanalmente con materiais reciclados, por persoas con discapacidade intelectual. A gala presentación será no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:00. Susana Seivane, entre outros artistas, participará no acto dando o seu apoio a esta iniciativa. Podes recoller a túa invitación no Auditorio Municipal de Ourense, na sede de ASPANAS, no Punto de Información de Outariz ou en Cadena 100. Esperámoste!

    Ler máis
  • Sorpresa de última hora!

    Susana Seivane no San Froilán

    Tras a anulación do concerto que Buika tiña previsto hoxe en Lugo, con motivo das festas do San Froilán, Susana e a súa banda actuarán na Praza de Santa María, a partir das 20:30. Vémonos alí!

    Ler máis
  • Concerto 1/10/2010, Madrid

    Susana Seivane con Los Limones

    Susana Seivane inaugura os concertos de outono! Este venres dia 1 de outubro, será a artista invitada dos seus vellos amigos Los Limones, cos que colaborou en multitude de ocasións. O concerto será ás 21:30, na Sala Galileo Galilei, en Madrid. Non o podedes perder!

    Ler máis
  • 24/09/2010 - Riotorto, Lugo

    Susana Seivane no homenaxe de Mini e Mero

    Susana Seivane participou o venres pasado en Riotorto, Lugo, na homenaxe aos músicos e investigadores Mini e Mero, hoxe uns referentes dos artistas galegos. Mini e Mero son considerados uns dos pilares da actual música folk galega. Susana Seivane coa sua presencia e música, recoñeceu a súa traxectoria e a laboura destes pioneiros en defensa da cultura e identidade galegas.

    Ler máis
  • La Voz de Galicia, 10/09/2010

    Susana Seivane rende homenaxe aos Beatles

    Susana Seivane participa cun nutrido grupo de músicos galegos e españois nun disco homenaxe aos Beatles, titulado 50. Con máis de 50 versións, conta coa colaboración de Yoko Ono nun dos temas e da irmá de John Lennon, Julia Baird, que recita uns textos. Proxecto xestado a principios do ano pasado, iniciativa de Médicos sen Fronteiras, a través do coruñés Chema Ríos, que pretende recadar fondos para esta entidade solidaria no 40º aniversario da separación dos Beatles. O disco verá a luz este Nadal nun formato triplo. Esperamos que vos guste!

    Ler máis
  • Tantarantán, TVG, 10/09/2010, 22.30h.

    Susana Seivane no Tantarantán

    A nosa gaiteira máis querida, estivo o pasado venres, día 10 de setembro, no programa Tantarantán, da TVG, interpretando algúns dos temas do seu último disco "Os soños que volven", melodías da súa infancia e dos seus recordos que sempren a acompañan, como "Foliada do Quinteiro" ou "Qué dirán". Ve o programa pinchando no seguinte enlace.

    Ler máis
  • Programa Ben Falado, TVG, 1/09/2010

    Susana Seivane, o orgullo de ser galega

    O programa Ben Falado emitiu o 1 de setembro unha entrevista onde Susana Seivane fala da súa identidade como galega, da lingua, da música como lenguaxe universal, do orgullo de pertencer a un pobo e a unha terra cunha cultura propia, que agradecida e satisfeita a leva por todo o mundo a través da súa música. Busca o programa Ben Falado no enlace, e escoita falar a nosa gaiteira co grande respecto e sentimento que ten polas súas raíces.

    Ler máis
  • Susana pecha a súa xira estival cun clamoroso éxito

    "Susana Seivane e amigos" arrasa na xira estival

    O espectáculo “Susana Seivane e amigos” foi presentado por primeira vez no Festival Celta de Ortigueira 2009 e foi cultivando triunfos en cada unha das súas presentacións. Nas dúas últimas citas, “Susana Seivane e amigos” tivo un rotundo éxito, na Coruña, nas festas de María Pita, e Pontevedra, nas Festas dá Peregrina. “Susana Seivane e amigos” é un show vibrante, moi intenso, dinámico, con máis de dúas horas de duración, con artistas invitados de tanto prestixio, como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza. Este espectáculo fixo vibrar, emocionar e bailar ao público galego. A mestría de Susana coa gaita unida á súa cálida voz fixo gozar como nunca aos asistentes, deixando un emocionante recordo e ganas de máis ao público de ambas cidades.

    Ler máis
  • Sigue a trepidante xira 2010!

    Susana Seivane de novo en Francia!

    O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán ao país veciño. A cita será no prestixioso Festival de Gévaudan, en Sauges, onde Susana e os seus músicos tocarán ás 21:00. Nada máis terminar o concerto, dirixiránse a Coruña para preparar o espectáculo “Susana Seivane máis amigos” que quedará na retina dos coruñeses por moito tempo, con convidados moi especiais como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza na sección de metais. O concerto enmarcado no programa de festas de María Pita, será o día 13 de agosto na praza do concello ás 22:30. E dous días despois volta á carretera, esta vez cara Pontevedra, onde actuará o día 15 de agosto nas Festas da Peregrina, de novo co espectacular “Susana Seivane máis amigos”. Síguea en ruta!

    Ler máis
  • Concertos no mes de xullo

    A xira de Susana Seivane non para!

    Tras o seu paso polo gran festival de Ortigueira, onde Susana tocou cos Celtas Cortos e a Oysterband. No mes de xullo estará en Francia, actuando coa Bagad Kemper o 17, na 35 edición dos "Rencontres Internationales de Luthiers et Maîtres Sonneurs", en Saint Chartier. En Galicia festexará o Santiago Apóstolo este sábado 24, na Gala da TVG, con colaboracións moi especiais e o domingo 25, concerto no Festigal, ás 22:00 no Campus Sul de Santiago de Compostela. E seguirá a súa ruta polos festivais españois ata Avilés, onde actuará como fin de festa no Beltaine o 31 de xullo. Seguen os concertos de Susana Seivane… disfrútaos!

    Ler máis
  • Concerto cos Celtas Cortos e a Oysterband.

    Susana Seivane no Festival de Ortigueira 2010

    Susana Seivane disfrutou como nunca este xoves 8 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2010, onde subiu ao escenario como artista invitada dos grandes Oysterband e os Celtas Cortos. Susana tocou por vez primeira cos Maestros da Oysterband e de novo cos sus amigos os fantásticos Celtas Cortos. Un público entregado fixo de novo de ese festival o máis bonito do mundo, como sempre di ela.

    Ler máis
  • Concertos no mes de xuño

    Xira 2010 de Susana Seivane

    A virtuosa gaiteira sigue percorrendo Galicia en festas, así ten dúas citas co seu querido público pontevedrés en xuño. A primeira o vindeiro domingo día 13, ás 19:00 en Silleda, cerrando o extenso programa da 33ª Feira Internacional de Galicia, na Semana Verde-Salimat. E na segunda cita Susana será o prato forte das festas da Estrada onde ofrecerá un concerto o sábado día 26. Tamén viaxará este mes ao IV Festival Celta Internacional Reinu de Llión, onde deleitará aos asistentes cun fantástico concerto na praza Don Gutierre, o sábado día 19, ás 22:00. Vai de xira con Susana e disfruta do seu apaixoante directo!

    Ler máis
  • Xacobeo Raíces 2010

    Cantigas do Camiño

    Xacobeo Raíces 2010 é un proxecto creativo que dende marzo ata xuño foi recorrendo Galicia a través de concertos ofrecidos polos artistas galegos que nel colaboran. E lanza ó mercado neste ano santo a publicación dun disco-libro oficial do Camiño de Santiago, titulado Cantigas do Camiño, que inclúe novas cancións que amosan unha visión chea de enerxía da música do Camiño de Santiago. A nosa gaiteira máis querida, abre este álbume con "Camiño Longo", unha proposta persoal e contemporánea, herdeira de centos de anos de tradición musical. Vive o Camiño de Santiago escoitando esta fermosa música!

    Ler máis
  • 23 de maio, ás 19:00h

    Susana Seivane nas Festiletras de Ponteceso

    Susana Seivane celebra desta maneira o Día das Letras Galegas, facendo o que mellor sabe. Así actuará en Ponteceso, na parroquia do Couto, o domingo 23 de maio, ás 19:00h, en frente da Fundación Eduardo Pondal, poñendo o broche final a estas xornadas das Festiletras galegas. As Festiletras celébranse en Ponteceso do 15 ao 23 de maio, cun programa festeiro e cultural rico en variedade. Estades todos convitados!

    Ler máis
  • 6 maio 2010, ás 23:00h, no Alalá da TVG.

    Susana Seivane no programa Alalá

    Hoxe, día 6 de maio, ás 23:00h, Susana Seivane será a protagonista do programa Alalá da TVG. Alalá emitirá fragmentos de interpretacións musicais de Susana con partes documentais sobre a súa vida cotiá. O programa pretende reflexar o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música e o mundo, sendo testemuña da faceta máis persoal da artista. Comparte un día na súa vida e descubre as súas inquietudes. Coñece un pouco máis a nosa gaiteira máis universal!

    Ler máis
  • 24 abril 2010, 22:00h, Auditorio Municipal Gustavo Freire

    Xacobeo Raíces: Susana Seivane + Quempallou en Lugo

    O vindeiro día 24 de abril, ás 22:00 Susana Seivane actuará no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, precedida da actuación da banda Quempallou ás 21:00. As entradas están xa á venda no servicio web de Caixanova. Merca a túa no link que atoparás máis abaixo. Este concerto forma parte do programa Xacobeo Raíces, un ciclo de concertos en cidades e pobos de toda Galicia, cun concerto especial en Madrid, e un total de 25 artistas e agrupacións galegas. Vémonos alí!

    Ler máis
  • Presentación de Os soños que volven en Vigo

    O vindeiro 9 de abril, venres, ás 20:30 horas, Susana Seivane vai presentar o seu último traballo, ‘Os Soños que Volven’, no Centro Cultural Caixanova Teatro de Vigo. As entradas están xa a venda no despacho web de Caixanova. Merca a túa no link que atoparás máis abaixo. No prezo está incluído un exemplar do disco ‘Os Soños que Volven’ que será entregado á entrada do espectáculo. Esperámoste!!!

    Ler máis
  • Susana Seivane pecha o ano de Galicia en Lorient

    Máis de 7000 persoas déronse cita do Port de Pêche para escoitar o concerto que Susana Seivane ofreceu o pasado 8 de agosto en Lorient. O público vibrou con temas do seu novo disco ´Os soños que volven´ que foi moi ben acollido e tivo gran repercusión nos medios de comunicación bretóns. O día 9, Susana Seivane pechou o Festival no pavillón de Galicia que estaba completamente abarrotado. Esta actuación poñía fin a 10 días de concertos que Turgalicia programou para conmemorar o ano dedicado ao noso país en Lorient.

    Ler máis
  • Presentación do novo disco de Susana Seivane, 'Os soños que volven'

    Susana Seivane presentou hoxe o seu cuarto traballo discográfico, Os soños que volven, no Obradoiro de Gaitas da súa familia en Cecebre, Cambre. Despois dunha breve e simpática introducción a cargo do dúo humorístico As Cantareiras de Ardebullo, Susana falou dos pormenores deste novo CD que sairá ao mercado o vindeiro luns día 6 de xullo. Trátase dun disco producido polo propio selo discográfico de Susana, “Enavíes Música”. Contén 14 títulos que suxiren momentos e lugares de especial transcendencia na súa vida. Temas que ela toca dende os seus primeiros pasos como gaiteira. Soños da súa infancia que quere retomar no presente interpretados, do xeito máis enxebre, pola súa gaita e a súa voz, sobre unha base de arranxos contemporáneos, frescos e impactantes. Na gravación, que se realizou tamén nos estudios de Enavíes Música, participaron colaboradores e invitados da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Harry Price, Pedro Lamas, O Caruncho, e un largo etcétera de músicos relacionados dun xeito ou outro ca música tradicional galega. Susana subliñou que non produce este disco ca idea de facer negocio, senón co desexo de que a súa música poida estar ao alcance de todo o mundo. É por esto que o CD sairá ao mercado a un prezo de tan só 9,95 euros. A presentación oficial ao público terá lugar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Susana prepara un gran concerto no que se poderán escoitar en directo moitos dos temas deste novo traballo. Será máis de hora e media de música que a artista galega ofrecerá acompañada, ademais da súa banda habitual, dos convidados que participaron na gravación do disco. Á pregunta de un periodista sobre os concertos deste verán, Susana comentou que, despois do Festival de Ortigueira continuará a súa xira por Galicia en Muros, Ponteareas, Narón, Bueu, Miño e Malpica entre outros. Tamén viaxará a Francia para ofrecer dous concertos no Festival Intercéltico de Lorient co gallo da celebración do ano de Galicia.

    Ler máis
  • Susana edita o seu cuarto traballo no 10º aniversario do seu primeiro disco

    Durante o mes de xuño, Susana Seivane publicará o que será o seu cuarto traballo discográfico. Despois de ‘Susana Seivane’, ‘Alma de Buxo’ e ‘Mares de Tempo’, ‘Os soños que volven’, que así se vai chamar o novo disco, é unha homenaxe á música tradicional galega. Esta nova achega de Susana está chea de melodías pegadizas e acordes sorprendentes. A súa paixón pola tradición, a súa longa experiencia de máis de 10 anos nos escenarios do mundo, e a súa propia inquietude artística, conducen agora a Susana á recreación dos temas que interpretaba na súa infancia. Vellos sons rescatados desde unha perspectiva actual que é froito da forza dos seus directos dos últimos anos. Estas pezas ‘de toda a vida’, de engaiolante sinxeleza, son debuxadas, do xeito máis enxebre, pola gaita e a voz de Susana sobre un lenzo revestido de harmonías, ritmos e concepcións musicais contemporáneas e atrevidas. Unha nova cor xurde desta mestura que ven a demostrar que a música tradicional está viva, e casa á perfección cas tendencias e arranxos máis evolucionados.

    Ler máis
  • Susana Seivane galardoada con Premio Xarmenta da lingua galega.

    A Asociación berciana “Xarmenta” concedeu, nesta a súa cuarta edición, o premio Xarmenta a Susana Seivane. pola súa labor na defensa e utilización do galego. Susana valora e comparte esta distinción con tódalas mulleres, en especial as bercianas, que son as principais artífices da transmisión do galego aos seus fillos. O premio será entregado nunha gala que se celebrará no Teatro Bergidum de Ponferrada o vindeiro 15 de Xaneiro. Nela tamén actuará o grupo Aira da Pedra que comparte o mesmo premio, na categoría de Institución, ca banda de gaitas de Vilafranca. Tanto Susana e a súa banda como Aira da Pedra actuarán en dita gala na compaña do mago Richard e Anxo Rei.

    Ler máis
  • As túas fotos antigas no novo disco de Susana Seivane.

    Durante o mes de xaneiro, Susana Seivane vai comezar a gravación do seu cuarto traballo discográfico. 'Os soños que volven', que así se vai titular, nace como unha homenaxe ás pezas ‘de toda a vida’ que Susana tocaba na súa infancia, e que agora recrea desde unha nova perspectiva revestidas con arranxos contemporáneos e atrevidos. Se queres participar con Susana na creación da cuberta, podes enviarnos as túas fotos antigas que han servir de base para o deseño e serán imprimidas na portada e na contra portada. Poden ser de calquera temática, en branco e negro ou cor, pero que fosen sacadas antes dos anos 80. Podes mandalas escaneadas a 300 ppp a info@susanaseivane.com ata fin de ano. Esperamos a túa colaboración!!!

    Ler máis
  • O acto principal será o descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado.

    Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas.

    A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos. Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena. Celebrarase un xantar e unha cea para os que previamente deben retirarse invitacións nos teléfonos 653 720 232 ou 616 474 942. O pregón está ao cargo de Susana Seivane. A familia Seivane quere agradecer de xeito público esta deferencia á Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a todas as persoas e entidades que colaboran no evento.

    Ler máis
  • Comeza a súa xira europea.

    Susana 2008

    Metidos xa de cheo no 2008, Susana Seivane ven de comezar a súa xira europea. Les Nuits Celt'Istres en Istres, Francia e o festival Trad-it en Holanda foron as súas dúas primeiras viaxes nas que acadou un grande éxito. En breve volverá a Francia para o Festival des Cultures de Montagne o cartel do cal podedes ver na foto. Europa segue querendo a Susana.

    Ler máis
  • Segue a trepidante xira 2007!

    Susana Seivane de novo en Sur América!

    O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán cruzar o charco. A cita será no mítico Teatro Avenida de Bós Aires, onde Susana e os seus músicos xa actuaran no 2003. O motivo do concerto é a visita da Vicepresidenta do Goberno doña María Teresa Fernández de la Vega ó país. Nada máis rematar o concerto, dirixiránse ó aeroporto para coller o último vóo da noite de regreso a casa, xa que o día 10 de Agosto a cita é na Praza de Galicia de Boiro, concerto enmarcado no programa "Vai de Camiño" que organiza o Xacobeo. Despois deste concerto, ó día seguinte pola mañá toca coller outro avión, esta vez para Crozón (Francia), onde Susana Seivane xunto coa Bagad de Kemper farán o seu espectáculo Sud ar Su no Festival du Bout du Monde. Ó día seguinte, día 12 de agosto, voltarán ó Festival de la Danse Bretone et de la Saint Loup, en Guingamp (Francia) onde xa estivo coa súa banda colleitando moito éxitos de crítica e público levaron á organización a que a volveran a requerir neste festival tan só dous anos despois. Seguimos en ruta!

    Ler máis
  • Imaxes da Xira 2007

    En plena Xira 2007 xa podemos ofrecer imaxes da nosa Susana no Festival Cantabria Infinita e na Xornada Europeísta celebrada no Pazo de Trasalba. Continuamos de xira en Madrid, Arzúa, Carral e Santiago.

    Ler máis
  • Continúa a xira de Susana Seivane!

    A próxima cita será o 19 de Xullo en Madrid, na Casa Galicia, festexando o día de Galicia en Madrid. O día 20 vémonos en Arzúa onde compartirá noite có Colectivo de Música Tradicional Ruote, nun espectáculo enmarcado no programa do Xacobeo "Vai de Camiño". Continuará a súa andaina o día 21 no bar "Sala the Star" en Carral, onde teremos a oportunidade de ver a unha Susana Seivane cun espectáculo moito máis familiar e intimista do que nos ten acostumados. Non o podes perder! E á cita que, sen dúbida, debes asistir é a que terá lugar o 25 de Xullo, será na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, dentro do Programa das Festas que organiza o Concello. Teremos ocasión de ver un dos soños cumplidos de Susana, xa que por motivos de traballo de anteriores anos, ésta será a primeira vez que a encantadora e máxica praza reciba o espectáculo desta artista que está colleitando excelentes críticas na súa xira 2007 ó longo de todos os países e festivais que ten visitado no que levamos de ano. E finalizamos o mes de Xullo no mítico Festival Castillo de L’Aínsa, Huesca, onde 8 anos despois Susana Seivane volverá visitar este fermoso esceario. Vémonos en ruta!

    Ler máis
  • Susana Seivane cruza o charco de novo!

    Xa falta menos! En tan só unhas horas, Susana Seivane disporáse a continuar a súa xira 2007 cruzando o charco unha vez máis. Comezando o tour con grandes eloxios de prensa e público no Festival Celta de Vícar (Almería), seguido do Festival Internotes, en Cébazat (Francia) e hai uns días no Festival Les Irlandays en Juvisy sur Orge (Francia), desta volta visitará có seu espectáculo as cidades de Montevideo e Bós Aires os días 24 e 25 de marzo respectivamente. Os concertos están enmarcados no ciclo “Música Galega no Río da Prata”, organizado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Para máis información sobre os lugares, invitacións, horarios, etc.: secretaria@xeitonovo.org.ar. Se podes ir, non perdas este grande acontecemento, haberá moitas sorpresas!

    Ler máis
Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017
© 2017 Susana Seivane.