Cidade da Cultura, Santiago, ás 12:00
Susana Seivane celebra o Día Internacional da Muller

Hoxe Susana Seivane porá a música no acto institucional que se celebrará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, ás 12:00, adicado ás mulleres co motivo do Día Internacional da Muller.
A Xunta de Galicia organiza este acto ao que asistirán oito destacadas mulleres galegas de diferentes ámbitos en prol da igualdade de xénero.
A gaiteira Susana Seivane pechará o acto coa súa maxistral actuación.
Fotografía Sebastián Hanoulle