Sábado, 4 de outubro 2014
Concerto de Susana Seivane en Córdoba
.jpg)
Do 3 ao 5 de outubro, na Avenida Liberdade (Vial Norte) de Córdoba, celébrase “Galicia Pórtico Universal – Córdoba”.
Unha mostra galega con exposición de artesanía, área de información de Turgalicia e Xacobeo, aula de catas, un recital poético, e a actuación do Grupo Folclórico Airiños da Terra e Susana Seivane.
A gaiteira actuará o sábado, 4 de outubro, ás 21:00, no escenario da mostra.
Este evento está organizado pola Xunta de Galicia e a Casa de Galicia en Córdoba.
Non o podedes perder!