Susana pecha a súa xira estival cun clamoroso éxito
"Susana Seivane e amigos" arrasa na xira estival

O espectáculo “Susana Seivane e amigos” foi presentado por primeira vez no Festival Celta de Ortigueira 2009 e foi cultivando triunfos en cada unha das súas presentacións. Nas dúas últimas citas, “Susana Seivane e amigos” tivo un rotundo éxito, na Coruña, nas festas de María Pita, e Pontevedra, nas Festas dá Peregrina.
“Susana Seivane e amigos” é un show vibrante, moi intenso, dinámico, con máis de dúas horas de duración, con artistas invitados de tanto prestixio, como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza.
Este espectáculo fixo vibrar, emocionar e bailar ao público galego. A mestría de Susana coa gaita unida á súa cálida voz fixo gozar como nunca aos asistentes, deixando un emocionante recordo e ganas de máis ao público de ambas cidades.