Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Concerto de Susana Seivane no Festival do Mundo Celta de Ortigueira
Compartir:

Espectáculo INTERXERACIONAL - Actuación 16 xullo

Concerto de Susana Seivane no Festival do Mundo Celta de Ortigueira


INTERXERACIONAL é un percorrido pola historia recente da música galega que aglutina varias xeracións en torno a gaita da man de Susana Seivane.

Unha viaxe INTERXERACIONAL que comeza en 1939 cando o avó de Susana construíra a súa primeira gaita, dando paso a unha saga de artesáns e músicos “Os Seivane”: Álvaro e Xosé Manuel Seivane (pai e tío de Susana), Saínza e Irma Seivane (irmá e prima) e o multi-instrumentista prodixioso Brais Seivane (sobriño da gaiteira).

Xunto con Brais estarán o talentoso Yago Bouzada, finalista do concurso Vai de Gaita Infantil da TVG, e tamén a zanfonista María López Carballo, Felipe Rey, finalista do Vai de Gaita, Miguel Sanromán e Xaquín Bieito, gañadores deste concurso, co tamborileiro Rubén Alcalde, todos eles estrelas nacentes da música galega.

Tamén acompañarán á banda o virtuoso violinista Harry Price e os multipremiados acordeonistas Andrés Penabad e Pablo Bermúdez, grandes músicos que a pesar da súa mocidade teñen unha longa e exitosa carreira musical.

Todos xuntos coa Escola de Gaitas de Ortigueira e os Gaiteiros de Buxantes farán un fin de festa en apoteose como exemplo da unión INTERXERACIONAL en prol da música tradicional.

© 2024 Susana Seivane.