Último concerto do verán da gaiteira!
Susana Seivane en Cabral, Vigo

A tempada estival de concertos da musa da gaita galega acaba como non podía ser mellor, en Galicia e compartindo escenario cos seus amigos de Noitarega e Musical Moxenas.
A noite do 13 de setembro será unha noite máxica para o folk galego, na Festa das Dolores de Cabral, en Vigo. Un deleite para os amantes da música tradicional galega.
E o outono comeza cargado de novos e apaixoantes proxectos para a gaiteira que vos iremos contando pouco a pouco.