Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas.
Compartir:

O acto principal será o descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado.

Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas.

A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos. Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena. Celebrarase un xantar e unha cea para os que previamente deben retirarse invitacións nos teléfonos 653 720 232 ou 616 474 942. O pregón está ao cargo de Susana Seivane.
A familia Seivane quere agradecer de xeito público esta deferencia á Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a todas as persoas e entidades que colaboran no evento.

© 2024 Susana Seivane.