Susana aproveitou para facerlle unha visita ó stand do seu pai
Nesta segunda xira por Bretaña, que empezou o luns 8 en Lorient

A colaboración de Susana Seivane co Bagad Kemper, no espectáculo Sud-Ar Su no Festival Intercéltico de Lorient, colleitou, por segundo ano consecutivo, un enorme éxito e o Grand Théâtre encheuse de novo a rebosar. A pantalla xigante instalada fora do teatro permitíu que toda a xente que non conseguira entrada puidera ver o espectáculo desde fora.
O Obradoiro de Gaitas Seivane, presente por primeira vez na feira de artesanía do Festival Intercéltico de Lorient, recibe moitísimas visitas, para probar as gaitas ou informarse sobre o instrumento.