DVD Susana Seivane e amigos

2015 ENAVIES
DVD que recolle o concertazo en vivo de "Susana Seivane e amigos"
ofrecido nas Festas de María Pita, na Coruña, no 2012. Revive o apaixoante directo da mestra da gaita con este completísimo DVD, no que poderás ver 16 pezas maxistralmente interpretadas por Susana Seivane e a súa banda habitual: Brais Maceiras, Carlos Freire, Carlos Gándara, Iago Rodríguez e Xurxo Iglesias; e os seus impresionantes convidados: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas, José Rodríguez e José Somoza, Antón Davila, Harry Price e Xoel López. Ademáis da colaboración especial de "Os Seivane", na que destaca o pequeno Brais Seivane de tan só 4 anos de idade!
Este DVD "Susana Seivane e amigos" recolle unha actuación espectacular, a da mestra gaiteira e a dos seus convidados, nun marco excepcional, a emblemática Praza de María Pita da Coruña.
Agora poderedes revivir o ambiente desa noite máxica!
Graciñas a todos!!!
Listaxe de cancións
01 - Curuxeiras
02 - Tres Muiñeiras
03 - Andoriña mariñeira
04 - Na terra de Trasancos/Sabeliña/Fox-trot
05 - Marcha do Bereixo/Alborada antiga de Ourense
Con Rodrigo Romaní
06 - Mazurcas das Rías Baixas
Con Rodrigo Romaní
07 - Vals Bretón/Muiñeira Picada/Reviravolta
Con Pedro Lamas, José Rodríguez e José Somoza
08 - Doce días
Con Antón Davila, Pedro Lamas, José Rodríguez e José Somoza
09 - Que dirán
Con Anxo Pintos e Antón Davila
10 - Foliada do Quinteiro
Con Harry Price, Anxo Pintos e Antón Davila
11 - Vai de Polcas
Con Harry Price
12 - Foliada de Caión
Con Xoel López
13 - Maruxa/Muiñeira do Graciano
Presentación da banda
14 - Pasodobre do Saviñao
Con Pedro Lamas, José Rodríguez e José Somoza
15 - Pernas pra riba
Con todos os convidados
16 - Bis: Punchis. Momentos espectaculares
Con todos máis Os Seivane