Galego | Castellano | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Home > Discography > Susana Seivane
Compartir:

Susana Seivane

1999 BOA MUSIC

In 1999 she edited her first record "Susana Seivane", produced by Rodrigo Romaní, one of the "Milladoiro" founders. This piece of work, based on traditional themes and compositions of Galician artists, led her all around the best stages of National and International Folk, obtaining great success and praiseworthy critics. Her first record was edited in Europe, USA and Canada.

Songs list

01 Jotabé

Xota composta polo percusionista Melo Suárez.

02 Taramundi e Alén

"Taramundi": Valse recollido en Taramundi por Xosé Manuel Seivane.
"Alen": Tema composto por Melo Suárez.

03 Xota de Niñodaguia - Muiñeira do Muiño de Peizás - Polca para Erica

"Xota de Niñodaguía" composta por Bieito Romero, dedicada á súa aldea Niñodaguia (Ourense).
"Muiñeiras do muiño de Peizás", composta por Raúl Galego ó muíño onde seu pai facía a maquía.
"Polca para Erica", composta por Antón Varela en honor da súa filla.

04 Pasacorredoiras de Ponteareas

Primeira parte: Trad. arr. Bieito Romero
Segunda parte: Cantiga num 434 do Cancioneiro de Casto Sampedro..

05 Alalá de Vilalba

Alála do Cancioneiro Bal y Gay, con música de Rodrigo Romaní

Aluméame, alumea,
estreliña da fortuna.
Alumea, alumea,
mentres non saía a lúa.(bis)

06 Sabeliña

Rumba composta por Susana Seivane.

07 Marcha procesional dos Mato

Peza do repertorio dos "Mato", antigo cuarteto coruñés.

08 Fonsagrada

Dos arquivos de "O Son da Terra" colectivo coruñes, composto por Bieito Romero, Patxi Bermúdez e Xulio Varela, dedicado á recollida de música tradicional polo país galego e os territorios limítrofes.

09 Xota dos 28 puntos

Xota do arquivo de "O Son da Terra"

10 Maneo

Peza popular con letra recollida de diversas cantigas.

Quen mo dera nesta rúa,
nesta rúa quen mo dera.
Quen mo dera nesta rúa,
que non poida vir a ela.

Loureiro verde non roxe,
loureiro verde non roxe.
Moito traballiño élle
correr atrás de quen foxe.

Anque paso e non che falo,
non te deixo de querere.
Fago de intento, meu benhe
por non cho dar a entendere.

Costureiriña bonita,
cáme unha agulla de prata
para sacar esta espiña
do corazón que me mata.

Aí vos vai a despedida,
aí vos vai a derradeira.
Acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira.

11 A cotula

Unha das pezas favoritas de Xurxo Souto, quen a aprendeu de Xoán Nel Expósito.

12 O saviñao - Pasodobre de Pousada

A "Polca do Saviñao" foi recollida polo grupo de baile popular "lar". "Pasodobre da Pousada" foi compilado polo colectivo de música tradicional "Ruote".

13 Tres muiñeiras

"Muiñeira do Vello Rilo", "Muiñeira de Manuel do Pazo" e "Muiñeira de Ambite". As tres pezas proceden do arquivo de "O son da terra".

© 2024 Susana Seivane.