Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane finalista dos Premios da Música 2005
Compartir:

Susana Seivane finalista dos Premios da Música 2005

O pasado xoves 24 de febreiro, na sede madrileña da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), fixéronse públicos os nomes dos finalistas da IX edición dos Premios da Música, que organiza a Academia das Artes e as Ciencias da Música.

Entre os finalistas na categoría de Mellor Canción en Galego atópase Susana Seivane co tema "O segredo", do seu último traballo, Mares de Tempo.

Coñeceranse os gañadores o vindeiro xoves 21 de abril, durante a ceremonia de entrega de estatuillas, que terá lugar no Pazo Municipal de Congresos de Madrid. TVE-2 retransmitirá a gala en diferido.

Os outros finalistas neste apartado son Luar na Lubre e Los Limones.

© 2024 Susana Seivane.