Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • "Terra de Loitadores"!

    Feliz día das Letras Galegas!

    Fotógrafo Luk Stiens A gaiteira Susana Seivane celebrará o día das Letras Galegas cos nenos do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, en Láncara, Lugo, será o día 14 de maio pola mañá. Susana está desexando charlar cos pequenos e compartir experiencias con eles! Como xa moitos de vós sabedes, Susana Seivane presentou no Luar deste venres o novo e impresionante tema, “Terra de Loitadores”! Moi pronto poderedes adquirilo, estade atentos!

    Leer más
  • E na Gala contra o Cancro Infantil

    Susana Seivane na Gala dos Premios Mestre Mateo

    O sábado 12 de abril, Susana Seivane estará ás 19:30 inaugurando a gala solidaria contra o cancro infantil, no Pazo da Cultura de Narón. Todo o recaudado estará destinado á investigación desta enfermidade. Esta gala está organizada pola Asociación Alba Pérez, para comprar as entradas, contactar directamente coa asociación ou co Pazo da Cultura de Narón. Haberá una fila 0 para os que non podan asistir e queiran aportar a súa axuda. E pola noite, a gaiteira Susana Seivane terá a honra de entregar un dos premios na Gala Mestre Mateo, será no auditorio do Palexco na Coruña. Estes premios da Academia Galega do Audiovisual recoñecen os mellores traballos do audiovisual galego.

    Leer más
  • Arzúa, 5 de abril

    Susana Seivane na Festa da Gaita

    A Asociación da Gaita rende unha homenaxe este sábado 5 de abril á familia Seivane, será na Festa da Gaita e Cantos de Taberna de Arzúa. Asistirá a familia Seivane ao completo coa presenza da gaiteira máis famosa da saga, Susana Seivane. Haberá actividades durante todo o día, pasarrúas, un xantar, y máis de 300 músicos que participarán nesta festiva convocatoria. Alí vos esperamos!

    Leer más
  • Cidade da Cultura, Santiago, ás 12:00

    Susana Seivane celebra o Día Internacional da Muller

    Hoxe Susana Seivane porá a música no acto institucional que se celebrará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, ás 12:00, adicado ás mulleres co motivo do Día Internacional da Muller. A Xunta de Galicia organiza este acto ao que asistirán oito destacadas mulleres galegas de diferentes ámbitos en prol da igualdade de xénero. A gaiteira Susana Seivane pechará o acto coa súa maxistral actuación. Fotografía Sebastián Hanoulle

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.