Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Primeira cidadá sen fronteiras de Santiago

    Susana Seivane e Santiago sen Fronteiras

    Médicos sen Fronteiras desenvolverá en Santiago entre o 23 de setembro e o 5 de outubro unha nova campaña de concienciación para a acción humanitaria, que pretende animar á cidadanía a participar nos seus proxectos de axuda ás persoas que máis o necesitan. As actividades programadas desta campaña como exposicións, charlas, música etc. teñen como obxectivo achegar aos cidadáns o traballo que Médicos sen Fronteiras está a desenvolver en todo o mundo. Susana Seivane será a encargada de inaugurar oficialmente esta campaña de concienciación social co acto simbólico de levantar unha barreira, o 23 de setembro, na praza do Toural, ás 12 da mañá. Máis información en http://www.msf.es/ciudades/santiago Fotógrafo Guzmán García

    Leer más
  • Comeza o Vai de Gaita!

    Susana Seivane no Luar

    Tras o éxito da tempada pasada, este venres 19 de setembro comeza o concurso Vai de Gaita do programa Luar, da TVG. Cunha importante novidade, esta vez tócalle o turno aos máis pequenos da casa, que demostrarán as súas habilidades coa gaita frente as cámaras. E a nosa querida gaiteira será de novo un dos membros do xurado. Non o perdades! Vémonos todos os venres pola noite no Luar! Foto Jabicho Lemos

    Leer más
  • Concerto en Bos Aires, 14 de setembro

    Susana Seivane en Arxentina

    O verán non podía acabar mellor para a gaiteira. En setembro, Susana Seivane cruza o charco para celebrar Galicia en Bos Aires. Na capital arxentina ofrecerá un concerto o domingo 14 de setembro. Chegou o día no que os seus queridos siareiros da diáspora poderán disfrutar do seu directo. Será na Avda. de Mayo (entre Bolívar & Chacabuco). Esta xornada festiva terá un montón de actividades e contará coa participación de máis de 40 entidades galegas da Arxentina e tamén unha representación da colectividade galega de Chile e Uruguay. Esta gran festa da cultura galega está organizada polo goberno da Cidade de Bos Aires, a Xunta de Galicia, e a Comunidade Galega na Arxentina. Vémonos alí! Fotógrafo Guzmán García www.guzmanfotografia.com

    Leer más
  • Datas Agosto: A Revista da TVG, Vieira de Honor, Pregoeira de Cambre e Irmandiño de Moeche

    Continúa a xira galega da gaiteira Susana Seivane!

    O sábado 2 de agosto, Susana estará no plató do programa A Revista, da Televisión de Galicia, falando dos seus próximos proxectos, poderedes vela en directo antes da 13:00. Ademáis, a meiga da gaita terá a honra de recibir en Santiago, o día 6 de agosto, no Hotel Monumento San Francisco, a Vieira de Honor á Calidade Artística. A Enxebre Orde da Vieira outorga esta distinción cada ano a un profesional ou grupo galego, que destaque especialmente na música, arte ou espectáculo. O 14 de agosto, ás 24:00, Susana Seivane será a progoeira oficial das festas de Santa María de Cambre, o concello onde reside, por ser un símbolo da cultura galega e levar o nome do municipio por todo o mundo. E o día 23 de agosto, Susana Seivane actuará na XXXV Edición do Festival Irmandiño de Moeche. O seu concerto, será despois do asalto ao castelo. É para a gaiteira un inmenso pracer volver a este histórico festival. Sígue a Susana Seivane en ruta!

    Leer más
  • Concertos en xullo: Vimianzo, Santiago, Baiona e Moaña

    Arranca a xira de Susana Seivane!

    A gaiteira feiticeira está inmersa na preparación da xira deste verán, que arranca o 5 de xullo co concerto no Asalto ao Castelo, en Vimianzo. Onde tamén están programados outros talentosos artistas, entre eles Kepa Junkera, co que Susana colaborou no seu último disco. Tampouco podedes perder a representación da revolta irmandiña, todo un espectáculo! O 20 de xullo, a gaiteira estará na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, celebrando o Día do Traxe Galego, dentro do programa das festas do Apóstolo Santiago. É todo un privilexio celebrar as festas do patrón dos galegos dende o escenario da capital compostelana. O día 25 Susana Seivane estará en Baiona. E o día 26, no Festival Intercéltico do Morrazo, en Moaña, unha cita ineludible coa música folk. Vémonos no escenario! Fotógrafo Jabicho Lemos

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-14]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.