Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • ou completa a túa colección coas de Susana Seivane

    Apúntate á moda das chapas...

    Por fin, xa chegaron as chapas de Susana Seivane. Están á venta na tenda desta web así como na mesa que se monta durante os concertos. No calendario de concertos desta web podes comprobar tódalas datas.

    Leer más
  • Alameda de Pontevedra

    I Romaría da Música Tradicional en Pontevedra - sábado 11 de xuño

    A Asociación de Gaiteiros Galegos é a que convocou este acto de tódolos grupos, gaiteiros e músicos tradicionais de tódolos recunchos da Galiza: unha primeira gran mostra da cultura tradicional con vocación de chegar a ser a festa-xuntanza anual máis importante da música galega. Os grupos participantes deixaron constancia de que a música tradicional na província de Pontevedra está viva e goza de moi boa saúde. Houbo actuacións libres por distintos puntos da cidade, desde as 11h e tamén actuacións no Palco da Alameda de Pontevedra desde as 13h. Algúns dos participantes foron: A Requinta de Xián, Antom Fernandez, Aula de Gaiteiros Gomes Mouro, Banda de Gaitas Estivada de Calo, Banda de Gaitas Tromentelo de Coiro, Faíscas de Solobeira, Iván Costa, Juanjo Fernández, Manuel Alonso (pai) e Manuel Alonso (fillo), Maquía, No Cómbaro, Noitarega, Nós, O Tear de Llerena, Os Terribles, Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, Pandeireteiros de Pontevedra, Picuiña, Quempallou, Revenidas, Servando Barreiro, Servando e contradança, Tino Baz, Treixadura, Xironsa, Zé Corte, Zurrumalha de Vigo…

    Leer más
  • Milladoiro presentou, o venres 3 de xuño, o seu último disco

    Neste concerto-presentación do disco que sela 25 anos de traxectoria musical, os membros de Milladoiro estiveron acompañados por grandes artistas como a violinista americano-irlandesa: Eileen Ivers, a frautista norteamericana: Rhonda Larson, a cantante italiana: Claudia Ferronato, e Susana Seivane, unida a eles por importantes vínculos afectivos. Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova en Vigo Concerto a beneficio da Asociación Autismo de Vigo

    Leer más
  • Femmes Celtes 2

    Keltia Musique (distribuidora dos discos de Susana Seivane en Francia) acaba de sacar ó mercado este segundo cd recopilatorio de música de mulleres celtas. Susana Seivane, co tema Andoriña Mariñeira , de Henrique Otero, ten a honra de compartir cd con Solas, Chloe, The Silencers, Natalie Merchant, Pauline Scanlon, Rua, Annie Ebrel, Kate Rusby, Gayane, Caroline Lavelle, Heidi Talbot e Siobhan Parr.

    Leer más
  • domingo 15 de maio, ás 20h, actuación de Susana Seivane

    I Xornada da Muiñeira de Cabana

    Despois de 2 días cheos de actos ó redor desa Muiñeira, escrita por Manuel do Bosque, o domingo á tardiña terá lugar o concerto de Susana Seivane, con toda a súa banda, na Praza de Neaño. Para o programa completo desta I Xornada, visitar a web oficial do concello:

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.