Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Susana Seivane pecha o ano de Galicia en Lorient

    Máis de 7000 persoas déronse cita do Port de Pêche para escoitar o concerto que Susana Seivane ofreceu o pasado 8 de agosto en Lorient. O público vibrou con temas do seu novo disco ´Os soños que volven´ que foi moi ben acollido e tivo gran repercusión nos medios de comunicación bretóns. O día 9, Susana Seivane pechou o Festival no pavillón de Galicia que estaba completamente abarrotado. Esta actuación poñía fin a 10 días de concertos que Turgalicia programou para conmemorar o ano dedicado ao noso país en Lorient.

    Leer más
  • Presentación do novo disco de Susana Seivane, 'Os soños que volven'

    Susana Seivane presentou hoxe o seu cuarto traballo discográfico, Os soños que volven, no Obradoiro de Gaitas da súa familia en Cecebre, Cambre. Despois dunha breve e simpática introducción a cargo do dúo humorístico As Cantareiras de Ardebullo, Susana falou dos pormenores deste novo CD que sairá ao mercado o vindeiro luns día 6 de xullo. Trátase dun disco producido polo propio selo discográfico de Susana, “Enavíes Música”. Contén 14 títulos que suxiren momentos e lugares de especial transcendencia na súa vida. Temas que ela toca dende os seus primeiros pasos como gaiteira. Soños da súa infancia que quere retomar no presente interpretados, do xeito máis enxebre, pola súa gaita e a súa voz, sobre unha base de arranxos contemporáneos, frescos e impactantes. Na gravación, que se realizou tamén nos estudios de Enavíes Música, participaron colaboradores e invitados da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Harry Price, Pedro Lamas, O Caruncho, e un largo etcétera de músicos relacionados dun xeito ou outro ca música tradicional galega. Susana subliñou que non produce este disco ca idea de facer negocio, senón co desexo de que a súa música poida estar ao alcance de todo o mundo. É por esto que o CD sairá ao mercado a un prezo de tan só 9,95 euros. A presentación oficial ao público terá lugar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Susana prepara un gran concerto no que se poderán escoitar en directo moitos dos temas deste novo traballo. Será máis de hora e media de música que a artista galega ofrecerá acompañada, ademais da súa banda habitual, dos convidados que participaron na gravación do disco. Á pregunta de un periodista sobre os concertos deste verán, Susana comentou que, despois do Festival de Ortigueira continuará a súa xira por Galicia en Muros, Ponteareas, Narón, Bueu, Miño e Malpica entre outros. Tamén viaxará a Francia para ofrecer dous concertos no Festival Intercéltico de Lorient co gallo da celebración do ano de Galicia.

    Leer más
  • Susana edita o seu cuarto traballo no 10º aniversario do seu primeiro disco

    Durante o mes de xuño, Susana Seivane publicará o que será o seu cuarto traballo discográfico. Despois de ‘Susana Seivane’, ‘Alma de Buxo’ e ‘Mares de Tempo’, ‘Os soños que volven’, que así se vai chamar o novo disco, é unha homenaxe á música tradicional galega. Esta nova achega de Susana está chea de melodías pegadizas e acordes sorprendentes. A súa paixón pola tradición, a súa longa experiencia de máis de 10 anos nos escenarios do mundo, e a súa propia inquietude artística, conducen agora a Susana á recreación dos temas que interpretaba na súa infancia. Vellos sons rescatados desde unha perspectiva actual que é froito da forza dos seus directos dos últimos anos. Estas pezas ‘de toda a vida’, de engaiolante sinxeleza, son debuxadas, do xeito máis enxebre, pola gaita e a voz de Susana sobre un lenzo revestido de harmonías, ritmos e concepcións musicais contemporáneas e atrevidas. Unha nova cor xurde desta mestura que ven a demostrar que a música tradicional está viva, e casa á perfección cas tendencias e arranxos máis evolucionados.

    Leer más
[1-5]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.