Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Próximos concertos: Allariz, Ferrol, O Barco, Moaña e Narón

    Empeza xa a xira por Galicia!

    Estas son as novas datas das actuacións de Susana Seivane no outono: 7 de novembro, Café Cultural Roi Xordo, Allariz - CANCELADO por farinxite 21 de novembro, Sala Super 8, Ferrol 5 de decembro, Sala Baranda, O Barco 12 de decembro, Var con V, Moaña 19 de decembro, Pazo da Cultura, Narón Entradas xa á venda! Esperámosvos!

    Leer más
  • Arrancamos!

    Proxectos de Susana Seivane no outono

    Tras un breve descanso polo nacemento do segundo fillo da gaiteira, Antón, chegan os novos proxectos para este outono. Empeza a nova tempada do concurso Vai de Gaita do Luar na TVG. Aquí podedes ver a Susana Seivane na súa labor de xurado, todos os venres a partir das 22:00 da noite. Así mesmo, hai xa novas datas de presentación do seu novo single e próximo disco. Novas datas próximamente dispoñibles!

    Leer más
  • Dispoñible en Itunes, Spotify, Amazon…

    "Esperando a Fiz" agora á venda!

    Sede os primeiros en escoitar este adianto do próximo disco da mestra gaiteira, dedicado ao seu fillo Fiz, que recolle as emocións do embarazo e da posterior chegada ao mundo do seu primoxénito Fiz. É un disco romántico, evocador e inspirador, onde a famosa gaiteira amosa a súa alma creativa nun álbum moi especial, feito para nenos e non tan nenos, país e fillos de todas as idades. Xá á venda dixitalmente! Dispoñible en Itunes, Spotify, Amazon, Google Play, Deezer… Déscargao xa!

    Leer más
  • Xa á venda!

    DVD "Susana Seivane e amigos"

    Xa podedes adquirir aquí o novo DVD de Susana Seivane titulado "Susana Seivane e amigos", revive a maxia deste impresionante concerto, ofrecido na emblemática Praza de María Pita durante as festas da cidade da Coruña en agosto do 2012. A mestra gaiteira ademáis da súa banda habitual estivo acompañada de convidados da talla de Rodrigo Romaní (Milladoiro), Anxo Pintos (Berrogüetto), Antón Davila (Celtas Cortos), Xoel López, Harry Price, e unha sección de metais integrada por Pedro Lamas, José Rodríguez e Ricardo Formoso. Coa colaboración especial da saga familiar Os Seivane: Álvaro e Xosé Manuel Seivane, Saínza e Irma Seivane e Brais Seivane, de tan só 4 anos. 20 artistas no escenario, máis de 2 horas de duración, máxima calidade artística, apoteose musical galega!

    Leer más
  • Continúa a presentación do disco

    Concerto de Susana Seivane en Avilés

    O luns 6 de abril, a mestra da gaita Susana Seivane actuará na "Plaza del Parche" (a praza do concello) de Avilés, Asturias. Será ás 20:15, no marco das Fiestas del Bollo, antes actuará un grupo local, a Ajo´s Band. Alí a gaiteira feiticeira levará o seu novo single "Esperando a Fiz" e o novo DVD "Susana Seivane e Amigos" que pronto teredes á venda aquí. Non perdades a ocasión de ver o seu directo, non o esqueceredes. Vémonos alí!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.