Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Xacobeo Raíces 2010

    Cantigas do Camiño

    Xacobeo Raíces 2010 é un proxecto creativo que dende marzo ata xuño foi recorrendo Galicia a través de concertos ofrecidos polos artistas galegos que nel colaboran. E lanza ó mercado neste ano santo a publicación dun disco-libro oficial do Camiño de Santiago, titulado Cantigas do Camiño, que inclúe novas cancións que amosan unha visión chea de enerxía da música do Camiño de Santiago. A nosa gaiteira máis querida, abre este álbume con "Camiño Longo", unha proposta persoal e contemporánea, herdeira de centos de anos de tradición musical. Vive o Camiño de Santiago escoitando esta fermosa música!

    Leer más
  • 23 de maio, ás 19:00h

    Susana Seivane nas Festiletras de Ponteceso

    Susana Seivane celebra desta maneira o Día das Letras Galegas, facendo o que mellor sabe. Así actuará en Ponteceso, na parroquia do Couto, o domingo 23 de maio, ás 19:00h, en frente da Fundación Eduardo Pondal, poñendo o broche final a estas xornadas das Festiletras galegas. As Festiletras celébranse en Ponteceso do 15 ao 23 de maio, cun programa festeiro e cultural rico en variedade. Estades todos convitados!

    Leer más
  • Susana Seivane no programa Alalá, TVG, 23:00h.

    Mañá, día 6 de maio, ás 23:00h, Susana Seivane será a protagonista do programa Alalá da TVG. Alalá emitirá interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá de Susana. O programa pretende reflexar o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo, sendo testemuña da faceta máis persoal da artista.

    Leer más
  • 6 maio 2010, ás 23:00h, no Alalá da TVG.

    Susana Seivane no programa Alalá

    Hoxe, día 6 de maio, ás 23:00h, Susana Seivane será a protagonista do programa Alalá da TVG. Alalá emitirá fragmentos de interpretacións musicais de Susana con partes documentais sobre a súa vida cotiá. O programa pretende reflexar o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música e o mundo, sendo testemuña da faceta máis persoal da artista. Comparte un día na súa vida e descubre as súas inquietudes. Coñece un pouco máis a nosa gaiteira máis universal!

    Leer más
  • 24 abril 2010, 22:00h, Auditorio Municipal Gustavo Freire

    Xacobeo Raíces: Susana Seivane + Quempallou en Lugo

    O vindeiro día 24 de abril, ás 22:00 Susana Seivane actuará no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, precedida da actuación da banda Quempallou ás 21:00. As entradas están xa á venda no servicio web de Caixanova. Merca a túa no link que atoparás máis abaixo. Este concerto forma parte do programa Xacobeo Raíces, un ciclo de concertos en cidades e pobos de toda Galicia, cun concerto especial en Madrid, e un total de 25 artistas e agrupacións galegas. Vémonos alí!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15] [16-20] [21-21]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.