Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Concerto 1/10/2010, Madrid

    Susana Seivane con Los Limones

    Susana Seivane inaugura os concertos de outono! Este venres dia 1 de outubro, será a artista invitada dos seus vellos amigos Los Limones, cos que colaborou en multitude de ocasións. O concerto será ás 21:30, na Sala Galileo Galilei, en Madrid. Non o podedes perder!

    Leer más
  • 24/09/2010 - Riotorto, Lugo

    Susana Seivane no homenaxe de Mini e Mero

    Susana Seivane participou o venres pasado en Riotorto, Lugo, na homenaxe aos músicos e investigadores Mini e Mero, hoxe uns referentes dos artistas galegos. Mini e Mero son considerados uns dos pilares da actual música folk galega. Susana Seivane coa sua presencia e música, recoñeceu a súa traxectoria e a laboura destes pioneiros en defensa da cultura e identidade galegas.

    Leer más
  • La Voz de Galicia, 10/09/2010

    Susana Seivane rende homenaxe aos Beatles

    Susana Seivane participa cun nutrido grupo de músicos galegos e españois nun disco homenaxe aos Beatles, titulado 50. Con máis de 50 versións, conta coa colaboración de Yoko Ono nun dos temas e da irmá de John Lennon, Julia Baird, que recita uns textos. Proxecto xestado a principios do ano pasado, iniciativa de Médicos sen Fronteiras, a través do coruñés Chema Ríos, que pretende recadar fondos para esta entidade solidaria no 40º aniversario da separación dos Beatles. O disco verá a luz este Nadal nun formato triplo. Esperamos que vos guste!

    Leer más
  • Tantarantán, TVG, 10/09/2010, 22.30h.

    Susana Seivane no Tantarantán

    A nosa gaiteira máis querida, estivo o pasado venres, día 10 de setembro, no programa Tantarantán, da TVG, interpretando algúns dos temas do seu último disco "Os soños que volven", melodías da súa infancia e dos seus recordos que sempren a acompañan, como "Foliada do Quinteiro" ou "Qué dirán". Ve o programa pinchando no seguinte enlace.

    Leer más
  • Programa Ben Falado, TVG, 1/09/2010

    Susana Seivane, o orgullo de ser galega

    O programa Ben Falado emitiu o 1 de setembro unha entrevista onde Susana Seivane fala da súa identidade como galega, da lingua, da música como lenguaxe universal, do orgullo de pertencer a un pobo e a unha terra cunha cultura propia, que agradecida e satisfeita a leva por todo o mundo a través da súa música. Busca o programa Ben Falado no enlace, e escoita falar a nosa gaiteira co grande respecto e sentimento que ten polas súas raíces.

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15] [16-20] [21-21]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.