Alma de Buxo

2001 BOA MUSIC
With her second album "Alma de Buxo" produced by herself, under the artistic supervision of Rodrigo Romaní, she is consolidated as a Galician artist of reference in Folk panorama.
In this album, important artists such as Kepa Junkera or Rodrigo Romaní offer their collaboration. A special contribution from her grandfather Xosé Seivane is worthwile to mention. As an innovation, in this piece of work she introduced instruments such as drums or a bass guitar and she enriched her record with her own compositions.
Songs list
01 Vai de Polcas
- Pasacorredoiras de Villanueva (do repertorio do gaiteiro Manuel de Villanueva)
- Frau Lackhoff (Composta por José J. Prededo)
- Vai de polca (Composta por Pepe Vaamonde)
02 A Farándula
Peza tradicional aprendida do Cancioneiro de Bal y Gay.
03 Saínza - Riofrío
Dúas xotas. A primeira composta por Susana Seivane pra a súa irmá Saínza, e a segunda composta por Magoia Bodega.
04 Roseiras de abril
Música: Susana Seivane
Letra: Uxía Senlle
Que sería de mín sen ollar
a terra infinda a ruxir
navegarei en ti como no mar
nas augas sen caír
Nada pode acalmar esta voz
de sal, de vento e coral
se o corazón se prende a onde sae
o ar lene do meu fol
Se soubera coller o brío
meu ramiño de alecrín
era quen de facer o niño
en Ribeira de Piquín
O meu corazón che mando
non hai regalo mellor
pasei a vida voando
a espreitar no mar maior
Xa o navío partíu e non vín
roseiras novas de abril
a túa man na area procurei
e non estaba alí
A saudade non sabe durmir
as redes saben do adeus
magoan máis as velas a tremer
se me vexo tan lonxe de ti
05 Xoaniña
Pepe Vaamonde
06 Rumba para Susi
Música: Ernesto campos
Arranxos: Xose Luís Represas
07 Vals Bretón - Muiñeira Picada
Vals: A. Ollu
Muiñeira: Tradicional aprendida de Juanjo Fernández, quen a aprendeu do gaiteiro da Fonsagrada, Emilio Fernández.
08 Na Terra de Trasancos
Rumba composta polo gaiteiro Andrés Toxeiro
09 Muiñeira de Alén
Peza tradicional recollida na parroquia de Alén (Ourense) por Cantigas e Agarimos e Montse Rivera de Leilía
Para cantar coma minhe
para cantar como eu canto
para cantar coma minhe
non abra-la boca tanto
Alá arriba na Portela
miña aldea asulaghada
alá arriba na Portela
que polo camiño hai lama
Ai que boa parelliña
ai que boa pare fanhe
ai que boa parelliña
parecen de flor de panhe
Para cantar veño eue
para bailar meu irmaue
para toca-lo pandeiro
viva quen o ten na maue
10 Ti e máis eu
Roberto Grandal e Susana Seivane
11 Chao - Curuxeiras. Xosé Manuel Seivane
Muiñeira do Chao: Xosé Manuel Seivane
A segunda muiñeira aprendeuna Xosé Manuel Seivane do gaiteiro Curuxeiras.
12 Chao - Curuxeiras. Susana Seivane
13 Marcha procesional dos Cinco de Galicia e Aturuxeira
A marcha procesional aprendeuna o gaiteiro Leonardo en Portomarín (Lugo), e despois tócabaa co seu grupo Os Cinco de Galicia.
A segunda peza é unha muiñeira composta por Pepe Vaamonde. Con ela gañou o concurso Constantino Bellón.