Mares de Tempo

2004 BOA MUSIC
Musica que anda. La música es un camino. Cada melodía es una senda que el intérprete ha de ir descubriendo con sus propias manos a través de su instrumento.
A veces el viajero avanza por un plano bien trazado, lo llaman pentagrama. A veces manda la intuición, y es necesario probar atajos, desandar pistas, sentir la sorpresa de una nueva geografía. Cada camino es una canción.
En su aventura Susana escoge los mejores caminos, o sea, las canciones más hermosas.
Bretaña, India, Escocia, EEUU, Bélgica, Argentina... las melodías de este disco llevan al hombro muchos escenarios. Sonidos de un país antiguo que sorprenden, que germinan, que dan vida porque la gaitera y sus compañeros fueron los que les han hecho andar.
En la cumbre de la tradición está la mezcla. Esta ruta es también un mandato tribal. Durante cientos de años los gallegos viajamos por el mundo para ofrecer la fuerza de nuestro trabajo. Para beneficio del planeta Tierra, ha llegado el tiempo de compartir lo mejor de nuestra actividad.
Susana, frenética, hermosa, fecunda, hilando geografías, tejiendo esencias. Estaciones, aeropuertos, grandes festivales, velocidad, encrucijadas, felices reencuentros...
Pero la gaitera también sabe conducirnos por otros derroteros. Esos que se asoman - tras los ruidos del hombre - cuando se detiene el mundo y comienza a hablar el Cosmos.
Como las cosas todas me tocan, yo toco al Universo entero tanto entramado celeste, dulce caricia.
He aquí la voz primera, astrología hecha música. He aquí los mapas que Susana nos ofrece: melodías que miran otros caminos, hechos - como sintiera hace años el poeta Celso Emilio Ferreiro - "con largos ríos de bruma, con largos mares de tiempo".
Músicos:
Brais Maceiras
Carlos Freire
Iván Laxe
Teresa Sayas ("MAPEX")
Xurxo Iglesias
Artistas invitados:
Carlos Castro
Guadi Galego
Quique Alvarado
Roberto Grandal
Roberto Somoza
Rodrigo Romaní
"Ruote"
Sabela Orgueira
Viascón
Xavier Cedrón
Xavier Gastañaduy
Xavier Paxariño
Producción musical: Iván Laxe
Arreglos armónicos: Xurxo Iglesias
Arreglos de percusión: Carlos Freire, Susana Seivane y Teresa Sayas
Selección de temas: Brais Maceiras y Susana Seivane
Producción ejecutiva: Mar Esteban, "enavies"
Ingeniero de sonido y mastering: Segundo Grandío
Asistente de grabación: Esteban Amorín
Grabación: Estudios "Casa de Tolos", Gondomar- Pontevedra
Fotos: Xurxo Lobato
Vestuario: "Psicodelia Coruña"
Maquillaje: Ana Iglesias
Lista de canciones
01 Retrato De Fiona
Duración: 2:48
Esta muiñeira é unha composición de Xurxo Iglesias, músico, amigo e compañeiro coma a copa dun pino que me leva acompañando durante toda a miña carreira profesional. Adicoulla a unha moza escocesa que coñeceu este ano no prestixioso festival escocés “Celtic Connections” con motivo da nosa presencia por cuarto ano consecutivo.
Gaita en Sib. bombo tradicional e pandeireta: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Tamboril tradicional: Carlos Freire
Aturuxo: Sabela Orgueira
Baixo eléctrico: Quique Alvarado
02 Andoriña Mariñeira
Duración: 4:40
Xota composta polo gran amigo e gaiteiro Henrique Otero. Fíxoa en Xullo do ano 97, en honor ás mulleres mariscadoras; véndoas traballar dun lado para outro, recordoulle ó fermoso baile que van facendo as andoriñas polas nosas costas, en especial na ría de Vigo.
Vai por ti, Mestre!
Gaita en Do e pandeireta: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Caixón flamenco, darbuka e shaker: Carlos Freire
Saxo: Roberto Somoza
03 O Segredo
Duración: 4:58
Púxenlle música a esta peza lendo unha fermosa letra que me deu certo día unha das miñas mellores amigas, Sabela Orgueira. Esa letra foi para mín un agasallo marabilloso, tan só polo feito de que ela mesma a escribira. Ésta é unha mostra de toda-las cousas lindas que nos unen a ela e a mín. Nas coplas fala de experiencias e sentimentos comúns dunha xente namorada e orgullosa da súa música, da súa terra, da súa cultura, das súas vivencias...”do recordo senlleiro de tantas foliadas”.
Vai por ti e para ti, “Sabeliña”!
Voz e pandeireta: Susana Seivane
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Batería: Teresa Sayas
Baixo eléctrico, teclados e piano: Iván Laxe
Djembé, darbuka, bongós e shaker: Carlos Freire
Tabla India: Carlos Castro
Teclado: Roberto Grandal
Flautas de bambú (bansuri): Xavier Paxariño
Arpa: Rodrigo Romaní
Letra: Sabela Orgueira
Meniño ghaiteiro
como che hei de contare
que pandeireta a riscar
non cha de faltare
Có aturuxo aderezo
ai, o son temperado
do punteiro vizoso
do meu namorado
(Retrouso)
Na faltriqueira un segredo
nas mans unha paixón
e no meu corazonhe
bosquexo de amor
Repenique feiticeiro
raíña pandeirada
o recordo senlleiro
de tantas foliadas
Véxome no tempo
nun soño raiolado
no bico clarexo
tocando ó teu lado
04 Olla Como Se Peneira
Duración: 2:58
Esta é unha fermosísima rumba composta polo gran multiinstrumentista Xosé Lois Romero Cagigal. Fíxoa no ano 95, nun principio foi concebida como tema orixinal para acordeón. Posteriormente, cando entrou a formar parte do cuarteto "Lelia Doura", ó resto do grupo, grandes músicos tamén: Pedro Lamas, Pablo Torneiro e Luis Corral, gustáballes moito e coa súa boa teima de abrir novas portas e crear novos colores na música tradicional, pensaron que podería soar ben a cuarteto. Fixeron a versión públicamente coñecida e editada no "Doce polainas enteiras", que ademáis foi o primeiro "hit parade" de Lelia Doura, grupo moi admirado por mín. De tódolos xeitos, a Xosé Lois séguelle gustando tocar o tema no acordeón, só ou acompañado polo gran gaiteiro Suso Vaamonde.
O título foi extractado dunha copla popular que dí así:
"A muller do malpocado
está bailando na eira
e o malpocado mirando
como a muller se peneira"
Polo sentido que lle da a "peneirar" de menearse, de bailar.
Nesta nova andaina musical miña, é todo un pracer contar coa presencia neste tema do máxico son da arpa de Rodrigo Romaní.
Gaita en Re, pandeireta e castañolas: Susana Seivane
Acordeón piano e bombo tradicional: Roberto Grandal
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Baixo eléctrico: Quique Alvarado
Tamboril tradicional: Carlos Freire
Arpa: Rodrigo Romaní
05 Começo Do Verâo – Polca Do Ulla
Duración: 3:53
A primeira peza deste tema, "Começo do Verâo", é unha composición do acordeonista Heleno dos Oito Baixos.
A segunda é "Polca do Ulla", peza do repertorio do mítico e admirado grupo "Os Rosales", esa saga familiar liderada polo mestre Romero. A primeira parte é unha innovación dun dos seus componentes, o fillo Pepe Romero, para ser tocada pola prestixiosa Banda de Gaitas "Ancoradoiro" da Ribeira.
Gaita en Sib: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Caixón flamenco, darbuka, bongós e shaker: Carlos Freire
Batería: Teresa Sayas
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Frauta de bambú: Xavier Paxariño
06 Muiñeira De Alén
Duración: 4:51
Foi recollida na parroquia de Alén (Ourense) por Cantigas e Agarimos e Montse de Leilía. Esta peza é unha versión dun tema que está incluido no meu anterior traballo discográfico "Alma de Buxo", e no que me acompañaban cantando grandes amigas como son Guadi Galego, Lola de Ribeira, Olga Kirk, Sonia Lebedynski, Uxía Pedreira e Uxía Senlle.
Por tódolos fermosos recordos que compartimos... vai por todas vós, compañeiras!
Voz e pandeireta: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Djembé, darbuka, bongós e shaker: Carlos Freire
Violín: Xavier Cedrón
Letra: Tradicional
Para cantar coma minhe
para cantar como eu canto
para cantar coma minhe
non abra-la boca tanto
Ai, que boa parelliña
ai, que boa pare fanhe
ai, que boa parelliña
parecen de flor de panhe
Arriba pola Portela
miña aldea asulaghada
arriba pola Portela
que polo camiño hai lama
Para cantar veño eu-e
para bailar meu irmau-e
para toca-lo pandeiro
viva quen oten na mau-e
07 Xota De Vilabol
Duración: 3:36
Peza tradicional recollida en Vilabol por Juan Arufe hai aproximadamente dez anos, sendo director da Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras.
Gaitas en Re e Sib, pandeireta e bombo tradicional: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Tamboril tradicional: Carlos Freire
Aturuxo: Sabela Orgueira
08 Xota De Liñares
Duración: 4:38
Ésta é outra versión dunha peza que eu incluía no meu primeiro disco, acompañada pola voz de Sonia Lebedynski.
Esta peza recoulleuse no Concello de Avión, Ourense. Tradicionalmente, nesta zoa cantábase esta canción có acompañamento da lata de pimentón, que anteriormente era unha lata de carburo, a que se utilizaba para os candís.
Teño a grande sorte de poder contar nesta ocasión cós meus amigos do Colectivo de Música Tradicional "Ruote" da Coruña, con esas voces rachadoras que poñen os pelos crespos, como diría o meu amigo Xurxo Souto.
É un honor moi grande para mín contar coa colaboración do multiinstrumentista Xavier Paxariño. Coincidimos nun concerto en Granada, no festival "Parapanda folk" e a súa sensibilidade e expresividade non me deixaron indiferente.
Voces da primeira parte: Jara Ortíz e Susana Seivane
Voces da segunda parte: "Ruote", que son: Graciela Carral, Xosé R. Soutullo "Josecho", Mercedes Varela, Olga Kirk, Pablo Díaz e Rocío Carral.
Gaita en Do: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Baixo eléctrico, programacións e teclado: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Darbuka e shaker: Carlos Freire
Violín: Xavier Cedrón
Guitarra acústica: Xavier Gastañaduy
Frauta baixa, frauta soprano, ney e clarinete turco: Xavier Paxariño
Letra: Tradicional
Quen mo dera nesta rúa
nesta rúa quen mo dera
quen mo dera nesta rúa
que non poda vir a ela
Loureiro verde non roxe
loureiro verde non roxe
moito traballiño éille
correr atrás de quen foie
Chamáchesme pouca roupa
se tes moita é teu proveito
ténoche menos traballo
á noite cando me deito
A perdíz detrás dun toxo
de todas as herbas come
o donaire duna nena
tres días mantén a un home
O muíño do meu pai-e
non é muíño que é tormento
as casadas para forra
e os solteiros para dentro
Loureiro da folla preta
loureiro da folla preta
entre dous que ben se queren
ai non falta quen se meta
Vouvos dar a despedida
e con esta xa van trece
eu non lles podo cantar
o que esta xente merece
09 Mazurca De Comptoir
Duración: 4:02
É unha peza composta polo músico bretón Christian Desnos e gustaríame adicarlla, con todo o meu agarimo, ós meus amigos da "Bagad de Kemper", por todos os bós e grandes momentos que temos compartido xuntos na grabación e na xira do seu último traballo discográfico "Sud ar Su", grabado en directo en varios concertos ofrecidos na Bretaña (Francia) e nos que participei como artista invitada. Neste tema hai unha colaboración moi emotiva e moi especial para mín: a do gran Viascón, do "Jarbanzo Negro", cun instrumento nada común, agás nas labouras de tala das árbores: un serrucho!
Gaita en Sib: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Darbuka e djembé: Carlos Freire
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Triángulo, cunchas, ferreñas de pandeireta e shakers: Carlos Castro
Serrucho e trompeta: Viascón
Arpa: Rodrigo Romaní
Guitarra acústica: Xavier Gastañaduy
10 Tempo De Pensar
Duración: 3:56
Pendínlle certo día á miña amiga Guadi Galego que compuxera un tema para mín, que incluiría no meu próximo traballo, porque teño grande admiración pola súa forma de compoñer e cantar. Éste é o marabilloso resultado, unha canción chea de mensaxe nestes tempos que nolas dúas consideramos algo tolos.
Se cadra, "Tempo de Pensar", é o producto dunha revolución visceral, e non racional... de aí a paradoxa. Cando o mundo anda tan tolo, non pensa en nada máis que nos cartos, no poder... e abandona a humanidade de tal forma que somos capaces de normalizar o auténticamente anormal, frivolizar có mortal... se cadra chegou o tempo de pensar. O outro día un amigo díxome algo que realmente me impactou: Guadi, a medio-longo prazo, o obxectivo é privatizar os mares... ¡privatizar o mar!. Se teñen dereito a iso, xa non hai escapatoria, pero ese día o mar volverase contra nós. Só agardo que a razón poida coa desesperación de tantos pobos e que o "Tempo de Pensar", aínda que pensemos diferente, nos faga recapacitar sobre o mundo terrorífico que estamos creando. Se a música nos axuda, pasaremos a vida cantando e tocando.
Susana, un bico da túa Guadi, que te aprecia e como non, te admira Guadi Galego.
Voz e pandeireta: Susana Seivane
Voces: Guadi Galego
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Darbuka e shaker: Carlos Freire
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Acordeón piano: Roberto Grandal
Letra: Guadi Galego
Remove a pena no mar
olas de bágoa batidas,
lástima daquel lugar
sen cartos nin avaricia
Mellor que o tempo non pare
á procura dun recordo,
que a vida hai que vivila
no tempo e sen pesares
Agora eu xa me marcho,
o vento que envolve á ría
traerá novas e lendas
dos piratas de hoxe en día
11 Polca do USA
Duración: 4:30
Iván Laxe compuxo esta peza na nosa xira no 2002 polos Estados Unidos. Nun primeiro momento puxémoslle "Polca do USA", seguindo un pouco a broma sonora con Polca do Ulla.
Naquela xira, atopámonos con xente estupenda e quixémoslle brindar esta polca con ese nome, pero a historia da vida, fíxo que existira unha guerra inxusta e ilegal promovida por Bush. Todos nós, comprometidos en contra da guerra, consideramos naquel momento que había que cambiar o nome da polca. En todos os concertos que fixemos posteriormente, explicaba que non lle dabamos escollido un título, e agora xa o temos.
Gaita en Do, voz e pandeireta: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Darbuka, bongós e shaker: Carlos Freire
Baixo eléctrico: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Aturuxo: Sabela Orgueira
12 Miña Virxe, Meu Amor
Duración: 4:29
Meu gran poeta na sombra, Guille, fíxo esta letra á que eu despois lle puxen a música no ano 2003. Fala de amor, pero tamén da cruda e latente realidade diaria en Galicia no mar, de todas esas mulleres que agardan nas súas casas cós seus fillos a chegada do seu namorado, moitas veces embarcado por moito tempo, pero sempre coa esperanza de volvelo ver.
"A elas, amigas, amantes e compañeiras, bailadoras das ondas, cantareiras das penas. A vós, raíñas das mareas, mulleres de corazón de rocha e ialma de espera". Guillermo Díaz.
Voz, pandeireta e gaita en Re grave: Susana Seivane
Acordeón diatónico: Brais Maceiras
Bouzouki: Xurxo Iglesias
Baixo eléctrico e teclados: Iván Laxe
Batería: Teresa Sayas
Darbuka e shaker: Carlos Freire
Saxo soprano: Roberto Somoza
Letra: Guillermo Díaz
Son teu olliños meu fariño,
luz na tormenta do teu cabelo.
Quen puidera nesta noite
ser capitán do navío do teu leito.
No teu leito non descanso,
túas mans que son ondas, meu remanso
(Retrouso)
Hei facer un barquiño,
un barquiño có teu nome,
no timón o teu sorriso,
de motor o teu amore.
Por compás o do teu baile.
Por cartas as túas de amor.
Nas redes dos teus brazos
atrapado vive o meu corazón.
A túa voz miña serea,
o teu mirar o meu solpor.
Se me achegas vivo ao porto,
xamáis me alonxarei de Vós
Pista Extra: Namorándome
Autores: Roberto Grandal e Susana Seivane.
DVD
Video Clip
Extras
Directos
Retrospectiva
Making Of
Fotos